Trenton Hassell

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Trenton Hassell
Información persoal
Nacemento 4 de marzo de 1979 (45 anos)
Tennessee Clarksville, Tennessee
Nacionalidade Estados Unidos de América Estados Unidos
Altura 1,96 m (6 ft 5 in)
Peso oficial 106 kg (233 lb)
Posición Ala / Escolta
Información da carreira
Instituto Clarksville (Clarksville, Tennessee)
Universidade Austin Peay (1997–2001)
NBA Draft 2001 / Rolda: 2 / Elección: 30
Por Chicago Bulls
Carreira 2001–2011
Historial de equipos
Chicago Bulls (2001–2003)
Minnesota Timberwolves (2003–2007)
Dallas Mavericks (2007–2008)
New Jersey Nets (2008–2010)
Clarksville Cavaliers (2011)

Trenton Lavar Hassell, nado o 4 de marzo de 1979 en Clarksville, Tennessee, é un ex xogador profesional de baloncesto estadounidense. Cunha estatura de 1,96 metros xogaba nas posicións de ala e escolta.

Traxectoria profesional[editar | editar a fonte]

Hassell foi escollido na 30ª posición do Draft da NBA de 2001 polos Chicago Bulls. Na súa primeira tempada na NBA cos Bulls, acadou 8.7 puntos, 3.3 rebotes e 2.2 asistencias por encontro en 78 partidos. Na súa segunda tempada, Hassell disputou todos os partidos, nos que fixo 4.2 puntos, 3.1 rebotes e 1.8 asistencias por encontro.[1]

O 23 de outubro de 2003, Hassell foi cortado polos Bulls, e seis días máis tarde asinou cos Minnesota Timberwolves, nos que foi titular habitual e asumiu o rol de especialista defensivo. O 28 de setembro de 2007, os Timberwolves traspasaron a Hassell ós Dallas Mavericks a cambio de Greg Buckner.[2]

O 19 de febreiro de 2008, Hassell foi traspasado ós New Jersey Nets xunto a Keith Van Horn, Devin Harris, DeSagana Diop, Maurice Ager, 3 millóns de dólares e dúas eleccións da primeira rolda dos Drafts de 2008 e 2010. Os Mavericks recibiron a cambio a Jason Kidd, Malik Allen e Antoine Wright.[3]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Trenton Hassell". 2009-10 Nets Basketball Media Guide. New Jersey Nets. p. 21. Arquivado dende o orixinal o 12 de abril de 2010. 
  2. "Timberwolves and Mavericks swap guards". Arquivado dende o orixinal o 22 de maio de 2011. Consultado o 22 de agosto de 2020. 
  3. Nets Acquire Harris

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]