Trece anos de Branca
Trece anos de Branca | |
---|---|
Autor/a | Agustín Fernández Paz |
Ilustrador/a | Manuel Uhía Lima |
Orixe | España |
Lingua | galego |
Xénero(s) | Literatura xuvenil |
Editorial | Edebé-Rodeira |
Data de pub. | 1994 |
Formato | Edición rústica |
Páxinas | 123 |
ISBN | 978-84-96352-52-0 |
[ editar datos en Wikidata ] |
Trece anos de Branca é un libro de Agustín Fernández Paz publicado en 1994 por Edicións Xerais. Nese mesmo ano gañou o Edebé de Literatura Xuvenil.[1]
Nun principio a obra era un relato curto que figuraba no libro Rapazas (1993), mais acabou por converterse nun libro. Segundo o propio autor "é unha novela intimista, máis de sentimentos que de accións, pero de lectura áxil e agradable".[2]
Sinopse[editar | editar a fonte]
Branca é unha nena que cae enferma de hepatite cando vai cumprir trece anos, e debe pasar na cama unha tempada. Iso permítelle lembrar intres importantes da súa vida, ó tempo que o lector descobre a súa personalidade e os seus sentimentos máis íntimos.
Traducións[editar | editar a fonte]
Está traducido a linguas como o catalán (Tretze anys de Blanca, tradución de Joan Hernández Pau), o castelán (Trece años de Blanca; tradución de Rosa M. Vilariño) e o éuscaro (Albak hamahiru urte, tradución de Iñaki Ugarteburu).[3]
Premios[editar | editar a fonte]
- 1994: Premio Edebé de Literatura Xuvenil.
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ "Fernández Paz consegue o premio Edebé Xuvenil" (PDF). El Correo Gallego. 1 de febreiro de 1994. Consultado o 12 de xullo de 2016.
- ↑ Rodríguez, Pilar (25 de febreiro de 1994). "Para saír fóra de Galicia xa non fai falla escribir soamente en castelán" (PDF). El Correo Gallego. Consultado o 12 de xullo de 2016.
- ↑ Fernández Paz, Agustín. "Trece anos de Branca". Consultado o 12 de xullo de 2016.