Touki Bouki

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Touki Bouki
Ficha técnica
Título orixinalTouki Bouki
DirectorDjibril Diop Mambéty
GuiónDjibril Diop Mambéty
IntérpretesMagaye Niang
Mareme Niang
Aminata Fall
Ousseynou Diop
MúsicaJosephine Baker
Mado Robin
Aminata Fall
FotografíaPap Samba Sow
MontaxeSiro Asteni
Emma Mennenti
EstudioCinegrit
Studio Kankourama
DistribuidoraInternational Film Circuit
Estrea1973
Duración95 minutos
OrixeSenegal Senegal
XéneroDrama
Na rede
IMDB: tt0070820 Filmaffinity: 731127 Allocine: 1555 Rottentomatoes: m/touki-bouki Allmovie: v120133 TCM: 511407 Editar o valor em Wikidata

Touki Bouki, que podería traducirse ao galego como A viaxe da hiena, é un filme senegalés, de 1973, dirixido por Djibril Diop Mambéty, e que está considerado como un clásico do cinema africano.

Sinopse[editar | editar a fonte]

O pastor marxinal Mory e mais a súa amante Anta, unha universitaria rebelde que viste de xeito masculino, queren marchar do Senegal deixando atrás a súa vida tradicional. Para iso necesitan cartos que non teñen, e farán todo tipo de argallas para conseguilos. Subidos nunha moto ao Easy Rider, que ademais leva no guieiro unha cornamenta de vaca, acabarán por roubarlles roupa e diñeiro a uns señoritos da burguesía de Dakar. Con eses cartos e vestidos estrafalariamente tentarán subir a un transatlántico que os leve a París. Pero na escada de subir el arrepíntese e volve para recuperar a moto esquecida. Finalmente, só ela marchará a Europa.

Personaxes[editar | editar a fonte]

Relevancia[editar | editar a fonte]

O filme Touki Bouki representa un fito na historia do cinema africano. Ademais da consistencia da produción e do emprego da cor, pouco común no tempo e na latitude, a obra explora camiños moi distintos aos que daquela seguira o cinema africano. A súa forma de narrar simbolista, a súa mestura de comedia e drama, a presenza da homosexualidade , os movementos da cámara, con longuísimos travellings ou os espidos femininos son sorprendentes para o contexto. Pódese considerar un filme do subxénero de escapadas, pero tamén unha ollada conservadora e anticolonial. Non se estreou en Europa ata 1986.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]