Torgny Lindgren (numismático)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Para o escritor e académico sueco do mesmo nome, véxase Torgny Lindgren


Infotaula de personaTorgny Lindgren
(Axel Torgny Lindgren)
Biografía
Nacemento20 de outubro de 1905
Morte27 de agosto de 1894.
Lugar de sepulturacemiterio vello de Uppsala Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeSueca.
Educación Universidade de Uppsala.
Coñecido porDirector da Sociedade Numismática Sueca.
Actividade
Campo de traballoNumismática e banca.
Ocupaciónnumismático Editar o valor em Wikidata
Membro de
Premios
1966: Medalla Illis quorum.
1981: Medalla Elias Brenner (SNF).


Axel Torgny Lindgren, nado o 20 de outubro de 1905 en Örebro e finado o 27 de agosto de 1984, foi un funcionario do Banco de Suecia (Sveriges Riksbank) e un numismático sueco.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Torgny Lindgren naceu o 20 de outubro en Örebro, fillo dos agricultores Axel Lindgren e de Frida Wahlgren.[1]

Logo da súa graduación na universidade en 1924, Lindgren ingresou como funcionario do banco central sueco en 1929 no que ocupou o cargo de comisario entre 1955 e 1968.[1]

En 1975 acadou o seu doutoramento pola Universidade de Uppsala, cunha tese titulada Banko- och riksgäldsrevisionerna 1782-1807 ("Auditorías bancarias e da débeda 1782-1807").[2]

Paralelamente á súa vida profesional, Lindgren foi un estudoso da numismática. Foi membro da Sociedade Numismática Sueca, que chegou a presidir entre 1953 e 1961,[3] e a partir de 1965 foi nomeado membro honorario.[1]

Tamén ingresou como membro correspondente na Real Academia Sueca de Letras, Historia e Antigüidades, en 1953.[1]

Recoñecementos[editar | editar a fonte]

Publicacións[editar | editar a fonte]

Esta é unha escolma dalgúns dos traballos monográficos publicados por Lindgren ao longo da súa traxectoria:[6]

  • (1953). Sveriges mynt 1719-1776 ["Moedas de Suecia 1719-1776"]. Kungliga Myntkabinettet, Estocolmo.
  • (1963). Til finska allmogens mera trygghet. En studie kring finska språket på rikets ständers banks sedlar ["Para maior seguridade dos cidadáns finlandeses. Estudo da lingua finesa nos billetes de banco do reino"]. Finlands banks Institut för ekonomisk forskning, Helsinqui.
  • (1968). Riksbankens sedelhistoria 1668-1968 ["Historia dos billetes do Riksbank 1668-1968"]. Sveriges Riksbank / Rabén & Sjögren, Estocolmo.
  • (1968). Några handlingar om Bellman i Riksbanken ["Algúns documentos sobre Bellman no Riksbank"]. Sveriges Riksbank, Estocolmo.
  • (1975). Banko- och riksgäldsrevisionerna 1782-1897 ["Auditorías bancarias e da débeda 1782-1807"". Uppsala universitet, Uppsala. ISBN 9789155403249 [Tese de doutoramento]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 "Lindgren, A. Torgny". En Vem är det: Svensk biografisk handbok. P. A. Norstedt & Söners Förlag, Estocolmo. 1969. Páxinas 582-583.
  2. Véxase (1975) en "Publicacións".
  3. "SNF:s ordföranden genom tiderna". Svenska Numismatiska Föreningen.
  4. "SNF:s förtjänstmedalj". Svenska Numismatiska Föreningen.
  5. "SNF:s Elias Brenner-medalj för förtjänsterinom numismatiken". Svenska Numismatiska Föreningen.
  6. "Lindgren, Torgny 1905-1984". WorldCat Identities.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • "Lindgren, A. Torgny". En Vem är det: Svensk biografisk handbok. P. A. Norstedt & Söners Förlag, Estocolmo. 1969. Páxinas 582-583.