Tim Scott (artista)
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 18 de abril de 1937 (87 anos) Londres, Reino Unido |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | Reino Unido |
Educación | Escola de Arte de Saint Martin |
Actividade | |
Campo de traballo | Escultura |
Ocupación | escultor , profesor universitario |
Empregador | Escola de Arte de Saint Martin Academy of Fine Arts, Nuremberg (en) |
Xénero artístico | Arte abstracta |
Movemento | Arte abstracta e Arte contemporánea |
Lingua | Lingua inglesa |
Tim Scott, nado en 1937 en Londres, Reino Unido,[1] é un escultor británico coñecido polas súas esculturas abstractas feitas de acrílico transparente e aceiro.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Mentres estudaba arquitectura, Scott tamén estudou escultura a tempo parcial na Escola de Arte de Saint Martin, onde tamén foi máis tarde profesor.[2] Inspirado no exemplo de David Smith, Scott comezou a facer esculturas empregando materiais como fibra de vidro, vidro, metal e follas de acrílico.[3]
Scott formou parte dun grupo de novos escultores coñecidos como Nova Xeración, que expuxeron xuntos en Londres a mediados dos anos 1960.[4]
Nos anos 1970, Scott creou a súa innovadora serie de esculturas de acrílico e aceiro en lousas grosas. Frustrado en última instancia pola fraxilidade dos plásticos naquel momento, cambiou ao aceiro polo seu material, abandonando as súas follas de acrílico por completo.[3]
A obra de Tim Scott pódese atopar en moitas coleccións importantes, incluíndo 12 obras na Tate, Londres,[5] e no Museo de Arte Moderna de Nova York.[6] As súas esculturas tamén foron expostas en mostras colectivas, incluída a exposición itinerante Kaleidoscope: Color and Sequence in Arts British de Arts Council, que estivo no Yorkshire Sculpture Park en xuño de 2017.[7]
Foi, entre outros traballos, profesor na Akademie der Bildenden Künste Nürnberg (Academia de Belas Artes de Núremberg).
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ "Tim Scott | Artist | Royal Academy of Arts". www.royalacademy.org.uk. Consultado o 6 de xaneiro de 2021.
- ↑ "Pangolin London - Tim Scott". www.pangolinlondon.com. Consultado o 6 de xaneiro de 2021.
- ↑ 3,0 3,1 "Tim Scott – Collection Database". Kettle's Yard (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 09 de xaneiro de 2021. Consultado o 26 de xaneiro dde 2021.
- ↑ "Poussin Gallery". www.poussin-gallery.com. Consultado o 6 de xaneiro de 2021.
- ↑ Tate. "Search results". Tate (en inglés). Consultado o 6 de xaneiro de 2021.
- ↑ New Art Centre. Tim Scott Arquivado 19 de maio de 2015 en Wayback Machine..
- ↑ "Sam Cornish". www.saturationpoint.org.uk. Consultado o 6 de xaneiro de 2021.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
- Tate Gallery London
- Poussin Gallery London
- NewArtCentre EnglandArquivado 26 de xaneiro de 2021 en Wayback Machine.
- Exposición individual na Villa Wessel de Iserlohn, 2015
- Corking Gallery Toronto