Tico Medina

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaTico Medina

(2019) Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento(es) Escolástico Medina García Editar o valor em Wikidata
11 de setembro de 1934 Editar o valor em Wikidata
Píñar, España (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Morte5 de xullo de 2021 Editar o valor em Wikidata (86 anos)
Madrid, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónpresentador de televisión , xornalista , guionista Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
Premios

IMDB: nm0575784 BNE: XX1153212 Discogs: 3008488 Editar o valor em Wikidata
Tico Medina (dereita), con Juan Antonio Cebrián.

Escolástico Medina García, chamado Tico Medina, nado en Píñar (provincia de Granada) o 11 de setembro de 1934 e finado o 5 de xullo de 2021, foi un xornalista andaluz.[1]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

A súa carreira comezou en Granada, en Radio Granada e no Diario Ideal. En 1956 escribiu tamén no xornal Informaciones e máis adiante no Diario Pueblo ata 1968. Dende os inicios da televisión en España, nos anos cincuenta, Tico Medina foi un rostro coñecido ao presentar algúns dos programas máis famosos de Televisión Española. O primeiro deles foi Tele-Madrid (1957), conducido canda o xornalista Yale, pero despois destacou en emisións como España en directo ou 300 millones. Despois regresou á prensa escrita, onde foi redactor xefe da revista ¡Hola! ou xefe de reporteiros de ABC. Nos últimos anos noventa volveu á pequena pantalla como participante en parladoiros e talk-shows.

Tamén foi guionista de filmes como Aprendiendo a morir (1962) de Pedro Lazaga ou La niña de luto (1964) de Manuel Summers; e tamén escritor, cunha vintena de títulos.

Televisión[editar | editar a fonte]

Rúa de Tico Medina, en Mojácar (provincia de Almería).

Premios[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Morre o xornalista Tico Medina aos 86 anos, un dos pioneiros da televisión”. En La Voz de Galicia. 5 de xullo de 2021.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]