Teodoro Morgade
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 2 de xuño de 1915 Baio, España |
Morte | 23 de xullo de 1935 (20 anos) A Coruña, España |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Educación | Universidade de Santiago de Compostela |
Actividade | |
Ocupación | escritor |
Empregador | FMG |
Lingua | Lingua galega |
Teodoro Morgade Varela, nado en Baio o 2 de xuño de 1915[1] e finado na Coruña o 23 de xullo de 1935,[2][3] foi un escritor galego.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Comezou a estudar farmacia en Santiago de Compostela, onde se integrou en grupos galeguistas como Federación de Mocedades Galeguistas.[4]
Obra[editar | editar a fonte]
Publicou en Alba. Hojas de poesía.[5]
Os seus poemas foron recollidos polos seus amigos Jenaro Marinhas del Valle e Marino Dónega[4] no libro Cartafol (El Ideal Gallego, 1963).
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ Rei Lema, Xosé María: "Morgade ou a promesa truncada" en La Voz de Galicia, 21/7/2010 (en castelán).
- ↑ "Aparición del cadáver de un estudiante ahogado" ABC, 23/7/1935 (en castelán).
- ↑ "Zozobra una piragüa" La Voz, 23/7/1935 (en castelán).
- ↑ 4,0 4,1 Lema Suárez, Xosé Mª; Domínguez Rial, Evaristo; Fernández Carrera, Xan; Mouzo Lavandeira, Roberto; Rei Lema, Xosé Mª (2010). A Terra de Soneira no corazón da Costa da Morte. Xerais. ISBN 978-84-9914-163-3.
- ↑ Hemeroteca da Deputación de Pontevedra.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Bibliografía[editar | editar a fonte]
- Méndez Ferrín, Xosé Luis (1984). De Pondal a Novoneyra. Edicións Xerais de Galicia. p. 57. ISBN 84-7507-139-2.
- Rei Lema, Xosé María (2011). Dicionario de Escritores e Escritoras da Costa da Morte p. 55.
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
- "Un poema de Teodoro Morgade" Arquivado 05 de xuño de 2020 en Wayback Machine. Real Academia Galega, 2/12/13.