Teatro romano de Tarraco
Conxunto arqueolóxico de Tarraco | |
---|---|
Teatro romano de Tarraco | |
Patrimonio da Humanidade - UNESCO | |
País | España |
Tipo | Cultural |
Criterios | II, III |
Inscrición | 2000 |
Rexión da UNESCO | Europa e América do Norte |
Identificador | 875-006 |
O Teatro romano de Tarraco é un edificio romano situado nos arredores do complexo do foro da colonia, na cidade de Tarraco, capital da provincia Hispania Citerior Tarraconensis, actual Tarragona (Cataluña, España). É unha das localizacións do lugar Patrimonio da Humanidade denominado «Conxunto arqueolóxico de Tarraco», en concreto o que leva como código de identificación 875-006.
Historia[editar | editar a fonte]
O teatro foi construído en época de Augusto a finais do século I aC, como resultado da monumentalización do Foro da Colonia, e era un dos edificios máis emblemáticos de Tarraco.
O edificio utilizouse ata finais do século II, data na que se abandonou o seu uso. No século III, logo dun incendio no recinto, na zona monumental anexa ao teatro fixéronse novos edificios usando os materiais do teatro.
Características arquitectónicas e usos[editar | editar a fonte]
O teatro atópase en condicións de abandono sen museización, pese a que foi declarado patrimonio da Humanidade. Recentemente habilitouse un miradoiro na rúa Sant Magí e estase traballando na rehabilitación do espazo do teatro así como das construcións do seu redor. Para a súa construción aproveitouse a pendente natural do terreo, como no caso do Anfiteatro da mesma cidade, para recortar unha parte das bancadas. Para o resto utilizouse un sistema de criptopórticos anulares.
A scaena era o lugar destinado ás representacións teatrais, e compoñíase dunha plataforma elevada sobre un podio decorado con exedra. Na parte posterior da escena deseñouse unha praza con xardíns para o acceso dos espectadores ao Teatro, e no seu centro existía un gran estanque con estatuas sobre pedestais no seu interior.
O escenario (proscaenium) estaba pechado por unha fachada monumental decorada (frons scaenae).
Os espectadores distribuíanse nas bancadas por orde censatario e social.
Conservación e achados[editar | editar a fonte]
Actualmente, consérvanse unicamente as cinco primeiras filas das bancadas ao redor da orchestra e dúas das tres escaleiras radiais que articulaban a bancada. Tamén se conserva a base do pulpitum e da scaenae frons, podéndose ver aínda os ocos onde ían colocados os soportes do pano.
Nas distintas probas realizadas no teatro e a súa contorna acháronse importantes restos arqueolóxicos, como capiteis, frisos, columnas, esculturas etc.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Outros artigos[editar | editar a fonte]
- Conxunto arqueolóxico de Tarraco
- Circo romano de Tarraco
- Anfiteatro de Tarraco
- Acueduto de les Ferreres
- Arco de Berà
- Muralla de Tarragona
- Torre dos Escipións
- Foro romano de Tarraco
- Cemiterio paleocristián de Tarragona
- Canteira romana de El Médol
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
- Páxina web do Concello de Tarragona
- Páxina do Museo de Historia de Tarragona Arquivado 08 de abril de 2018 en Wayback Machine.
- Tarragona - Información histórica e cultural de Tarraco, capital da Hispania Citerior na época de dominación romana
- Información Foro Romano de Tarragona en España é cultura, Ministerio de Cultura Arquivado 28 de decembro de 2016 en Wayback Machine.