Subrexión de Seinäjoki
Aparencia
A subrexión de Seinäjoki (en finés Seinäjoen seutukunta) é unha das catro subrexións da rexión de Ostrobotnia do Sur. En 2017 tiña unha poboación de 126 957 habitantes.
Municipios[editar | editar a fonte]
Escudo | Municipio |
---|---|
Ilmajoki (municipio) | |
Kauhava (cidade) | |
Kurikka (cidade) | |
Lapua (cidade) | |
Seinäjoki (cidade) |
Historia[editar | editar a fonte]
- 1 de xaneiro de 1994: créase a subrexión de Pohjoisten seinänaapurien cos municipios de Seinäjoki, Ilmajoki, Nurmo, Peräseinäjoki e Ylistaro.
- 1 de xaneiro de 2004: o nome da subrexión muda de Pohjoisten seinänaapurien a Seinäjoki.
- 1 de xaneiro de 2005: Peräseinäjoki e Seinäjoki fusionáronse na cidade de Seinäjoki.
- 1 de xaneiro de 2007: Lapua trasladouse da subrexión de Härmänmaa á de Seinäjoki.
- 1 de xaneiro de 2009: Kauhava mudouse da subrexión de Härmänmaa á de Seinäjoki. Ao mesmo tempo Kortesjärvi fusionouse con Kauhava e pasou a formar parte da subrexión.
- 1 de xaneiro de 2009: Seinäjoki fusionouse cos municipios de Nurmo e Ylistaro formando a nova cidade de Seinäjoki.
- 1 de xaneiro de 2009: Jalasjärvi e Kurikka trasladáronse da subrexión de Eteläiset seinänaapurit á subrexión de Seinäjoki. Ao mesmo tempo Jurva (pertencente á subrexión de Suupohja), que se uniu a Kurikka, pasou a integrarse na subrexión.
- 1 de xaneiro de 2016: Jalasjärvi uniuse á cidade de Kurikka.
Poboación[editar | editar a fonte]
A seguinte táboa amosa a tendencia demográfica da subrexión cada cinco anos dende 1980.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
- Sitio web de Ilmajoki (en finés) (en inglés)
- Sitio web de Kauhava (en finés) (en inglés) (en sueco)
- Sitio web de Kurikka (en finés)
- Sitio web de Lapua (en alemán) (en finés) (en inglés) (en ruso) (en sueco)
- Sitio web de Seinäjoki (en finés) (en inglés)