Spacehog

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Spacehog
OrixeLeeds, Inglaterra Inglaterra
Período19942002
2008 – presente
Xénero(s)rock alternativo, glam rock
Selo(s) discográfico(s)Elektra, Sire, Artemis
MembrosRoyston Langdon
Antony Langdon
Jonny Cragg
Richard Steel
Antigos membrosRobert Curreri
Artistas relacionadosArckid
Na rede
http://www.spacehog.com
IMDB: nm3171989 Facebook: spacehogofficial Twitter: SPACEHOG MySpace: spacehogmusic Souncloud: spacehog Spotify: 3NZE8jDD2cCzd4vUyZ5CQQ iTunes: 156250 Last fm: Spacehog Musicbrainz: e9022873-c482-46a0-bb78-33c15fc65b3b Songkick: 394473 Discogs: 316068 Allmusic: mn0000743623 Genius: Spacehog Editar o valor em Wikidata

Spacehog é unha banda inglesa de rock alternativo formada no ano 1994 en Leeds. Está fortemente influenciada por David Bowie, Queen e T.Rex.

Historia[editar | editar a fonte]

A pesar de que todos os seus membros son orixinarios de Leeds, a banda formouse en Nova York en 1994 cando Antony Langdon atopouse con Cragg por casualidade nun café onde Cragg tiña un traballo matando ratas. Pouco despois o irmán de Langdon, Royston, uniuse á banda e naceu Spacehog. Cando o guitarrista orixinal deixou o grupo, Jonny Cragg chamou ao seu amigo Richard Steel para unirse a eles. Ese ano asinaron un contrato con Seymour Stein para o selo Sire Records.

O 24 de outubro de 1995 Spacehog editou o seu álbum de estrea, Resident Alien. Vendeo ao redor das 500.000 copias e contiña o hit "In the Meantime", ademais do sinxelo "Cruel To Be Kind". "In the Meantime" tivo aescoitouse con frecuencia nas radios, e o seu vídeo tamén foi emitido intensamente pola televisión. O seu segundo traballo, The Chinese Album, apareceu o 10 de marzo de 1998. A pesar de non ter tan boas vendas como Resident Alien, a popularidade do grupo continuou medrando e a banda tocou como abreconcertos de Pearl Jam e Supergrass. The Chinese Album tiña un son máis "artístico", cun piano ao estilo Pink Floyd no primeiro tema e coa colaboración de Michael Stipe de R.E.M. na canción "Almond Kisses".

Despois de que a banda saíse de Elektra Records, Spacehog asinou con Artemis Records e lanzou o seu terceiro álbum, The Hogyssey, o 10 de abril do 2001. O disco continuaba a liña neo-glam da banda e contaba cos sinxelos "I Want to Live" e "At Least I Got Laid", ademais da versió funk da peza de Richard Strauss "Also sprach Zarathustra". O grupo uniuse a The Black Crowes e Oasis na xira Tour of Brotherly Love.

Arckid[editar | editar a fonte]

Antony, Royston e Christian Langdon uníronse para formar Arckid. En xuño do 2006 gravaron oito cancións con Bryce Goggin nos Trout Studios en Brooklyn. Jonny Cragg uniuse a The Twenty-Twos como batería, pero posteriormente tocou cos irmáns Langdon e Arckid.

A finais de novembro do 2006 Antony Langdon deixou Arckid amistosamente e ideou un alter ego coñecido como "Louis Arogant". Este proxecto estivo a piques de rematar cunha gravación titulada Victoria, pero o álbum nunca foi editado.

Antony Langdon foi brevemente substituído polo guitarrista de Your Vegas Mat Steel, que deixou Arckid despois de que gravasen o seu primeiro vídeo para volver ao seu antigo grupo. Pete Denton uniuse a eles durante un tempo e Richard Steel acompañounos no escenario nunha serie de concertos.

Reunión[editar | editar a fonte]

En xullo do 2008 Spacehog reuniuse para realizar dous concertos e coa intención de traballar nunha nova gravación.

Discografía[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]