Slogan

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

O slogan[1] é unha frase simple, curta, orixinal e impactante que acompaña ao logotipo ou á marca, dando a coñecer o atractivo desta mediante numerosos recursos estilísticos como a onomatopea. Este, debe mostrar os beneficios principais que o diferencian doutras marcas ou produtos e crear no consumidor unha necesidade de compra.

A finalidade principal do slogan é perdurar o máximo tempo posible na mente do consumidor.

Características formais[editar | editar a fonte]

  1. Economía lingüística[2]: Debe ser unha frase curta, sinxela e directa. Debe resumir o significado do que se quere transmitir na mínima expresión posíbel, para desta forma favorecer a memorabilidade.
  2. Estética:[2] Deben ser atractivos non unicamente desde o sentido semántico, senón tamén desde o formal. Empregando diferentes recursos estilísticos, debe ser apegadiza para que se fixe na mente do consumidor.
  3. Concisión:[2] Debido a importancia da selección das palabras adecuadas en función dos obxectivos, para así mostrar os beneficios do produto, marca ou servizo, mostrando a súa efectividade fronte os seus competidores e crear unha necesidade de compra.
  4. Sonoridade: [2]Para facilitar o recordo, pode acompañarse de imaxes, ritmos...

Tipos de slogan[editar | editar a fonte]

Descritivo[editar | editar a fonte]

Os slogans descritivos[3] levan a cabo unha descrición das características ou vantaxes dun produto, servizo ou marca.

En forma de orde[editar | editar a fonte]

Este tipo de slogans adoitan ser moi útiles debido ao seu carácter de transmisión dunha orde directa e concreta.

Emocional[editar | editar a fonte]

Os slogans emocionais[3], tamén coñecidos como "slogans persuasivos", buscan conmover ao espectador e encamiñalo á compra dun ben ou servizo guiado polos seus sentimentos e emocións.

A súa finalidade é que o público cree un lazo ou asociación sentimental coa marca.

Co nome da marca[editar | editar a fonte]

Este tipo de slogans contribúen a reforzar o recordo da marca na mente do consumidor debido á súa alusión expresa, unha característica que aumenta a efectividade do mesmo.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Slogan: 67 eslóganes famosos y creativos para inspirarte a hacer uno". Rock Content - ES (en castelán). 2019-03-30. Consultado o 2022-01-22. 
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 Gualda, M. V. R., & Romero, M. V. (2005). Lenguaje publicitario. Ariel.
  3. 3,0 3,1 Sordo, Ana Isabel. "Los 69 eslóganes más creativos (y lo que tienen en común)". blog.hubspot.es (en castelán). Consultado o 2022-01-22.