Sibila de Barcelona

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Este artigo trata da infanta filla de Berenguer Ramón I, conde de Barcelona (1005-1035). Para outra nobre do mesmo nome, raíña consorte da Coroa de Aragón (1377-1387), véxase Sibila de Fortià.
Infotaula de personaSibila de Barcelona
Biografía
Nacemento1035 Editar o valor em Wikidata
Morte1074 Editar o valor em Wikidata (38/39 anos)
Barcelona Editar o valor em Wikidata
Actividade
LinguaLingua catalá Editar o valor em Wikidata
Outro
TítuloCondesa Editar o valor em Wikidata
CónxuxeHenrique de Borgoña
FillosHugo I, Duque da Borgonha (pt) Traducir, Roberto de Borgonha, bispo de Langres (pt) Traducir, Raynald I, abbot of Flavigny (en) Traducir, Henrique de Borgoña, Odón I de Borgoña, Beatrice de Bourgogne (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
PaisBerenguer Ramón I el Curvo Editar o valor em Wikidata  e Gisela de Lluçá (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
IrmánsRaimundo Berenguer I (pt) Traducir, Sanç d'Olèrdola (en) Traducir e Guilherme I de Osona (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata

WikiTree: Bourgogne-285

Sibila de Barcelona, nada en 1035 e finada en Barcelona despois do 6 de xullo de 1074, foi unha infanta de Barcelona e, despois do seu matrimonio, condesa consorte de Borgoña.

Orixes familiares[editar | editar a fonte]

Foi a derradeira filla do conde de Barcelona, Berenguer Ramón I el Corbat ("o Curvado") e de Xisela de Lluçà,[1][2] filla do señor de Lluçà e de Villanueva Sunifredo II e da súa terceira esposa, Ermesinda de Balsareny.[3]

Era neta por liña paterna do conde Ramón Borrell e Ermesenda de Carcasona.[4] Foi irmá, por parte do pai, do tamén conde de Barcelona Ramón Berenguer I.[5]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Sibila probabelmente coñeceu ao seu futuro esposo, Henrique de Borgoña, chamando Donzel ou le Damoiseau,[6] e ao pai deste, Roberto I, príncipe francés da dinastía dos Capetos e primeiro duque de Borgoña de dita casa, conde de Charolais, Langres e de Auxerre,[7] cando se traladaron desde Borgoña á península Ibérica para loitaren na cruzada contra os musulmáns.

Ao redor de 1055, en Barcelona, Sibila casou con Henrique de Borgoña o Doncel,[5][8] fillo segundoxénito do duque de Borgoña Roberto I e de da súa esposa Hélie de Semur,[5] filla de Dalmacio I, señor de Semur, e de Aremburga de Vergy.[9]

Non se coñece o ano exacto da morte de Sibilla, soamente que a derradeira vez que aparece citada foi nun documento datado no 6 de xullo de 1074.

Foi sepultada na Capela do Sagrado Corazón (Sacré-Cœur) da Catedral de Santo Estevo de Besançon, hoxe Catedral de San Xoán de Besançon, templo fundado por Carlomagno no século IX e lugar habitual de enterramento dos condes do Franco Condado (ou Condado de Borgoña),[10] que por iso de coñece tamén como a Capela dos Condes.

Descendencia[editar | editar a fonte]

As dúas catedrais de Besançon, San Xoán e San Estevo.

Sibila e Henrique de Borgoña tiveron sete fillos:[11]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Condes de Barcelona en Medieval Lands (en inglés).
  2. Berenguer Ramon "el Curvo" of Barcelona en genealogy (en inglés).
  3. Guisle de Balçareni en geneanet.org (en castelán).
  4. Sòria i Ràfols 1989.
  5. 5,0 5,1 5,2 Sibila de Barcelona en geneanet.org (en castelán).
  6. Henri de Bourgogne, le Damoiseau en Medieval Lands] (en inglés).
  7. Richard 1954.
  8. Outras fontes din que o casamento foi en 1057.
  9. Hélie de Semur Arquivado 07 de novembro de 2017 en Wayback Machine. en geneanet.org (en castelán).
  10. Quinnez, Joseph (1914): Les peintres et la cathédrale de Besançon, Éditions Jacques et Demontrond, pp. 70-71.
  11. Dinastía de Borgoña en Medieval Lands (en inglés).

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]