Shepard Fairey

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaShepard Fairey

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento15 de febreiro de 1970 Editar o valor em Wikidata (54 anos)
Charleston, Carolina do Sur, Estados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
Outros nomesFairey, Frank Shepard‏ Editar o valor em Wikidata
País de nacionalidadeEstados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
EducaciónEscola de Design de Rhode Island (pt) Traducir
Porter-Gaud School (en) Traducir
Idyllwild Arts Academy (en) Traducir
Wando High School (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Actividade
Campo de traballoArte pública (pt) Traducir, arte urbana (pt) Traducir, artes visuais, gráficos, deseño e ilustración Editar o valor em Wikidata
Lugar de traballo Os Ánxeles
Palm Springs (pt) Traducir
Providence Editar o valor em Wikidata
Ocupacióngrafiteiro , artista gráfico , ilustrador , new media artist (en) Traducir , muralista , deseñador gráfico , gravador , deseñador , activista Editar o valor em Wikidata
Xénero artísticoGraffiti e social-artistic project (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
MovementoArte contemporánea Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua inglesa Editar o valor em Wikidata
Obra
Obras destacables
Premios

Páxina webobeygiant.com Editar o valor em Wikidata
IMDB: nm1735854 Allocine: 452704 Allmovie: p439943
Facebook: shepardfairey Twitter: OBEYGIANT BNE: XX5561988 Musicbrainz: bcb4cde1-839d-43f4-919a-91f64d4b5bf0 Songkick: 2379830 Discogs: 1121000 Editar o valor em Wikidata

Frank Shepard Fairey, nado o 15 de febreiro de 1970, é un artista gráfico, activista, ilustrador e fundador de OBEY Clothing[1]. Fíxose coñecido grazas á campaña de difusión de adhesivos Andre the Giant has a Posse, cando asistía á Escola de Deseño de Rhode Island, e polos seus deseños que toman certos elementos propios do cartelismo de propaganda política de mediados do século XX.

Foi a súa contribución á campaña electoral de Barack Obama o que lle deu o salto á fama co cartel titulado Hope que deseñou. O Instituto de Arte Contemporánea de Boston descríbeo como un dos artistas de rúa máis coñecidos e influentes.[2] O seu traballo está incluído nas coleccións do Smithsonian, no Museo de Arte do Condado dos Ánxeles (LACMA), no Museo de Arte Moderna de Nova York (MOMA), no Museo de Arte Contemporánea de San Diego (MCASD), na Galería Nacional de Retratos de Washington, no Museo de Belas Artes de Virxinia, en Richmond, e no Victoria and Albert Museum en Londres.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Nenez[editar | editar a fonte]

Shepard Fairy naceu en Charleston, Carolina do Sur. É fillo dun doutor, Strait Fairy, e dunha axente inmobiliaria, Charlotte. Foi ao instituto Wando High School e no ano 1984 comezou a interesarse pola arte, cando empezou a plasmar os seus debuxos en camisetas ou monopatíns. No ano 1988 gradouse na academia de artes Idyllwild, en California, e máis tarde, no ano 1992, obtivo o título de Belas Artes en Ilustración da Escola de Deseño de Rhode Island.

Carreira artística[editar | editar a fonte]

Tras graduarse, Fairy fundou un pequeno negocio chamado Alternate Graphics, especializado na impresión de camisetas e adhesivos, o que lle permitiu soster e continuar a súa traxectoria artística. Un exemplo é a campaña de adhesivos André the Giant has a Posse en 1989, que máis tarde evolucionou na campaña Obey giant. Esta última converteuse nunha rede internacional de artistas que demandan a orixinalidade e a repercusión inicial da obra de Fairy.

A primeira exposición do artista foi no Instituto de Arte Contemporánea (ICA) de Boston, coa súa colección Supply and Demand ("Oferta e demanda"), no verán de 2009. A composición foi un compendio das técnicas máis variadas: collages, adhesivos, gravado, ademais de traballos en madeira e metal. Como complemento a esta exposición dentro do ICA, dispuxo unha serie de traballos por toda a cidade de Boston, explicando a súa motivación para facer tal cousa:

A verdadeira mensaxe tras a maior parte do meu traballo é a de cuestionalo todo.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Web da compañía OBEY Clothing.
  2. Upcoming Exhibitions: Shepard Fairey. The Institute of Contemporary Art, Boston. Setembro de 2015.