Secretaría Xeral de Política de Defensa

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Secretaría Xeral de Política de Defensa
Tiposecretaría xeral
Organización matrizMinisterio de Defensa de España
PaísEspaña
editar datos en Wikidata ]

A Secretaría Xeral de Política de Defensa (SEGENPOL) é unha secretaría xeral de España dependente do Ministerio de Defensa.

Titular[editar | editar a fonte]

O actual titular da Secretaría Xeral de Política de Defensa é Alejandro Enrique Alvargonzález San Martín, desde 2012.[1]

Funcións e estrutura[editar | editar a fonte]

X Lexislatura[editar | editar a fonte]

A Secretaría Xeral de Política de Defensa é o órgano directivo do Ministerio ao que lle corresponde o desenvolvemento e execución da política de defensa, as relacións neste ámbito con outros departamentos ministeriais, en especial co Ministerio de Asuntos Exteriores e de Cooperación, as relacións bilaterais con outros estados e coas organizacións internacionais de seguridade e defensa, baixo o principio de unidade de acción exterior do Estado, así como o desenvolvemento da diplomacia de defensa e a contribución á condución de crise e emerxencias.[2][nota 1]

Corresponde, en particular, á Secretaría Xeral de Política de Defensa:[2]

  • Efectuar o seguimento e avaliación da situación internacional no ámbito da política de seguridade e defensa.
  • Propor directrices de política de defensa.
  • Dirixir o Plan de Diplomacia de Defensa.
  • Conducir as relacións bilaterais cos estados en materia de política de defensa.
  • Dirixir a participación do Ministerio nas organizacións internacionais de seguridade e defensa.
  • Dirixir a elaboración dos tratados, acordos e convenios internacionais que afecten á defensa, en coordinación co Ministerio de Asuntos Exteriores e de Cooperación.
  • Coordinar a contribución do Ministerio á acción do Estado para facer fronte a situacións de crises e emerxencias.
  • Planificar a contribución española ao plan civil de emerxencia nas organizacións internacionais de seguridade e defensa.
  • Dispor a actuación do Departamento en materia de control de armamento, non proliferación e desarmamento.
  • Propor e coordinar a política cultural de seguridade e defensa e a promoción da conciencia de defensa nacional.

O Secretario Xeral de Política de Defensa ostenta a representación do Ministerio, por delegación do Ministro, nos casos en que este se a encomende e, en especial, ante as organizacións internacionais de seguridade e defensa das que España forme parte.

Así mesmo, corresponde ao Secretario Xeral de Política de Defensa:[2]

O Secretario Xeral de Política de Defensa dispón dun Gabinete Técnico, como órgano de apoio, asesoramento e asistencia inmediata.

Da Secretaría Xeral de Política de Defensa depende a Dirección Xeral de Política de Defensa (DIGENPOL).[2]

Tamén depende do Secretario Xeral de Política de Defensa a División de Coordinación e Estudos de Seguridade e Defensa (DICOES), á que lle corresponde a coordinación da actividade dos centros e Institutos de estudos dependentes do Ministerio encamiñada á difusión da cultura de seguridade e defensa, así como o impulso dos estudos neste ámbito.[2]

Así mesmo, están adscritas á Secretaría Xeral de Política de Defensa:[2]

Dependen da Secretaría Xeral de Política de Defensa as agregarías de defensa nas misións diplomáticas de España no exterior e os conselleiros de defensa nas representacións permanentes ante as organizacións internacionais, nos termos regulados na súa normativa específica.

No exercicio das súas competencias de difusión da cultura de seguridade e defensa, o Instituto Español de Estudos Estratéxicos depende funcionalmente do Secretario Xeral de Política de Defensa.

Notas[editar | editar a fonte]

Notas
  1. O contido deste artigo incorpora material publicado no Boletín Oficial do Estado, que se atopa no dominio público de conformidade ao disposto no artigo 13 da Lei de Propiedade Intelectual española.
Referencias

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]