Saudade de ti
Saudade de ti | |
---|---|
Xénero | Suspense e drama |
Creado por | Sergio Campo, Jacobo Paz Limia |
Escrito por | Sergio Campo, Jacobo Paz Limia |
Dirixido por | Giselle Llanio, José Antonio Perozo |
Intérpretes | Alfonso Agra, Cristina Andrade, Mayka Braña, César Cambeiro, Adrián Castiñeiras, María Costas, Fernando Morán, Carmen Méndez, Fran Nogueira, Alberto Rolán, Manuel San Martín, Beatriz Serén, María Tasende |
Lingua(s) | Galego |
Temporadas | 2 |
Episodios | 60+ 60.. |
Produción | |
Produtor(es) executivo(s) | Fernanda Tabarés |
Produtor(es) | Voz Audiovisual |
Duración | 35 min |
Distribuidor | Televisión de Galicia (TVG) |
Emisión orixinal | |
Canle de orixe | TVG |
Primeiro episodio | 3 de xullo de 2022 a 1ª e 18 de xuño de 2023 a 2ª |
Derradeiro episodio | 13 de setembro de 2022 a 1ª e 19 de setembro de 2023 |
[ editar datos en Wikidata ] |
Saudade de ti é unha serie de televisión estreada en 2022 pola Televisión de Galicia, consta de 60 capítulos na primeira tempada, que foron emitidos entre xullo e setembro de 2022. Na segunda outros 60 de xuño a setembro de 2023.
A primeira tempada foi líder de audiencia na TVG.[1] Foi seguida por máis de 150.000 espectadores cada noite, a primeira elección en horario de máxima audiencia en Galicia.[2]
En marzo de 2023 gravábase a segunda tempada en Ares.[3] Foi estreada na TVG o domingo 18 de xuño de 2023, emitíndose os domingos, luns e martes.[4]
Sinopse[editar | editar a fonte]
Un tráxico accidente no que morren dúas persoas sacode a vida de tres familias e obriga a Celia, filla dunha das falecidas e doutora de profesión, a facerse cargo do seu pai e da consulta da vila, á vez que tratan de pechar as feridas polo ocorrido.[5]
Está ambientada na vila costeira e ficticia de Abrente. Ademais dos decorados gravouse en Caión, A Laracha, Ares (no porto e na praia do Raso) ou Miño (a planta baixa da súa casa consistorial converteuse nun hospital).[6]
Polémica[editar | editar a fonte]
Xornalistas Galegas denunciou un vídeo de promoción da serie na TVG por difundir mitos do amor romántico e "apuntalar o machismo": o amor de verdade fai sufrir.[7]
Elenco[editar | editar a fonte]
- María Tasende (Celia)
- Adrián Castiñerias (Santi)
- Fran Nogueira (Raúl)
- César Cambeiro (Isidro)
- Mayka Braña (Adela)
- Manuel San Martín(Gaspar)
- María Costas (Teresa)
- Alfonso Agra (Dimas)
- Carmen Méndez (Mónica)
- Fernando Morán (Mauri)
- Cristina Andrade (Elba)
- Dani Medín (Brais)
- Carmen Méndez
- Alberto Rolán (Lucho)
- Paku Granxa
- Beatriz Serén (Uxía)
- Martina Bravo (Noa).[8][9]
Saudade de ti. Os amantes do abrente.[editar | editar a fonte]
O 12 de xuño de 2023 a TVG estreou Saudade de ti. Os amantes do abrente. Precuela da serie Saudade de ti, que se sitúa seis meses antes do fatídico accidente de tráfico co que comezou a primeira temporada. Sábese o que pasou entre Olga e Gaspar e o resto dos personaxes nunha época en que as cousas na vila eran moi diferentes.[10]
Segunda tempada[editar | editar a fonte]
Capítulo 61: Raúl decide pídelle matrimonio a Celia. Mónica revélalle ao seu ex que el e mais a súa moza poderían ser irmáns. Isidro proponlle a Belén que vaia vivir con el sen consultalo coa súa filla. Celia permanece allea a estas intrigas. A morte da paciente Leire Uribe fai que teña que remexer en asuntos do seu pasado. Elba trata de agochar diante dos demais os seus sentimentos amorosos cara ao desaparecido Lucho, o prometido da súa defunta irmá.[11]
Viñeron emitíndose cinco capítulos por semana os domingos, luns e martes.
Capítulo 120: Celia vai abandonar Abrente. A súa historia con Raúl rematou e vai empezar outra etapa. Santi ofrécese a levala á estación. Aínda ten algo importante que dicirlle e non quere que a doutora Eiroa marche sen escoitalo. Raúl non entende os motivos que hai detrás da decisión de Celia. É o momento de facerlle caso á súa nai e, polo ben da súa filla, entregarlle o anel de compromiso á muller axeitada. No hospital, nin Teresa nin Lucho son capaces de encontrar a forma de evitar que Elba se renda fronte á súa doenza. Parece que a rapaza xa asumiu con resignación o seu destino.[12]
Colaboran[editar | editar a fonte]
- Producida por TVG, Voz Audiovisual
- Argumento: Sergio Campo, Jacobo Paz, Puri Seixido
- Diálogos: María S. Ferreiro
- Dirección de produción: Paula Fernández
- Produción delegada TVG: Rosa Sierra, Vanessa Grela, Montse Besada
- Produción executiva: Fernanda Tabarés
- Dirección: Ozo Perozo
Elenco[editar | editar a fonte]
- María Tasende
- César Cambeiro
- Humy Donado
- María Costas
- Alfonso Agra
- Mayka Braña
- Manuel San Martín
- Fran Nogueira
- Carmen Méndez
- Adrián Castiñeiras
- Fernando Morán
- Cristina Andrade
- Dani Mendín
- Alicia Armenteros
- Christian Escuredo
Película[editar | editar a fonte]
A Televisión de Galicia presentou o luns 25, día de Nadal, de 2023 Que fermoso é vivir en Abrente!, unha película que xorde a partir do éxito da serie Saudade de ti.[13]
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ "Enganchados a «Saudade de ti»". La Voz de Galicia. 2022-09-10. Consultado o 2023-04-07.
- ↑ "«Atrápame se podes» y «Saudade de ti», éxito de audiencia este verano". corporacionvoz.es (en castelán). Consultado o 2023-04-07.
- ↑ "Luces, cámaras y acción: la serie 'Saudade de ti' de la TVG graba en Ares (A Coruña)". Quincemil (en castelán). Consultado o 2023-04-07.
- ↑ https://www.facebook.com/lavozdegalicia (2023-06-13). "Máis amor, máis humor e moita intriga na segunda tempada de «Saudade de ti»". La Voz de Galicia. Consultado o 2023-06-20.
- ↑ rsbagency.com, RSB Agency-. "Saudade de ti - T1". Guía TV de Expansión. Consultado o 2023-04-07.
- ↑ "Chega «Saudade de ti», a nova ficción diaria da Televisión de Galicia". La Voz de Galicia. 2022-06-25. Consultado o 2023-04-07.
- ↑ ""O amor de verdade fai sufrir": críticas á TVG por difundir mitos do amor romántico e "apuntalar o machismo"". Galicia Confidencial. Consultado o 2023-04-07.
- ↑ Rivas (2022-07-04). "Saudade de ti ›" (en castelán). Consultado o 2023-04-07.
- ↑ "Saudade de ti (TV Series 2022– ) - IMDb" (en inglés). Consultado o 2023-04-07.
- ↑ https://www.facebook.com/lavozdegalicia (2023-06-11). "Volve «Saudade de ti» á Televisión de Galicia". La Voz de Galicia. Consultado o 2023-06-12.
- ↑ "Capítulo 61 CRTVG". www.crtvg.es. Consultado o 2023-06-20.
- ↑ "Capítulo 120 CRTVG". www.crtvg.es. Consultado o 2023-09-18.
- ↑ "Cine de Nadal con «Saudade de ti»". La Voz de Galicia. 2023-12-24. Consultado o 2023-12-24.