Sari Krooks

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaSari Krooks
Biografía
Nacemento2 de febreiro de 1968 Editar o valor em Wikidata (56 anos)
Vaasa, Finlandia Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeFinlandia Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónxogadora de hóckey sobre xeo Editar o valor em Wikidata
Nacionalidade deportivaFinlandia Editar o valor em Wikidata
Deportehóckey sobre xeo
snowboarding Editar o valor em Wikidata
Posición de xogoDianteiro Editar o valor em Wikidata
Traxectoria
  Equipo enllaç= enllaç=
- Vaasan Sport Editar o valor em Wikidata
Participou en
febreiro de 1998Xogos Olímpicos de Inverno de 1998 Editar o valor em Wikidata
Premios

Olympic.org: sari-krooks Editar o valor em Wikidata

Sari Kristiina Krooks, nada o 2 de febreiro de 1968 en Vaasa, é unha xogadora de hóckey sobre xeo retirada que xogaba na posición de dianteira.[1] Xogou 89 partidos coa selección finlandesa, cun rexistro de 51 goles e 40 asistencias, e representando o seu país en nove competicións internacionais de primeiro nivel: un torneo olímpico, cinco Campionatos do Mundo (1990, 1992, 1994, 1997 e 1999), e tres Campionatos de Europa (1989, 1991 e 1995). Gañou un bronce olímpico na primeira edición do torneo feminino de hóckey sobre xeo nos Xogos Olímpicos de Inverno de 1998, cinco bronces máis no Campionato do Mundo, e tres ouros no Campionato de Europa.[2][3]

Krooks desenvolveu a súa carreira inicialmente en Finlandia, debutando na máxima categoría do hóckey sobre xeo feminino do país na tempada 1983-84 no equipo da súa cidade natal, o Vaasan Sport, de onde marcharía na tempada 1988-89 ao Canadá para xogar nos Toronto Aeros. Logo de xogar sete anos en América do Norte, interrompidos pola tempada 1993-94 na que regresou a Vaasa, na tempada 1997-98 asinou con Ilves Naiset de Tampere, onde xogou unha tempada antes de regresar ao Canadá. Na tempada 2000-01 xogou por última vez en Finlandia nas filas de Vaasan Sport e na tempada 2003-04, logo de dúas tempadas sen competir, xogou no DHC Lyss suízo.[3]

En 2009 a súa traxectoria foi recoñecida co seu ingreso no Salón da Fama do Hóckey sobre Xeo finlandés.[4]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Sari Krooks" (en inglés). Sports-Reference.com. Arquivado dende o orixinal o 2 de novembro de 2012. Consultado o 21 de agosto de 2022. 
  2. "Finland Ice Hockey at the 1998 Nagano Winter Games" (en inglés). Sports-Reference.com. Arquivado dende o orixinal o 17 de abril de 2020. Consultado o 21 de agosto de 2022. 
  3. 3,0 3,1 "Sari Krooks" (en inglés). eliteprospects.com. Consultado o 21 de agosto de 2022. 
  4. "Uudet Jääkiekkoleijonat aateloitiini". jatkoaika.com (en finés). 18 de xaneiro de 2010. Consultado o 21 de agosto de 2022. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Torvinen, Jukka (2007). Jääkiekkokirja 2007–2008 (en finés). Egmont Kustannus Oy Ab. pp. 204–205, 213, 234. ISBN 952-469-617-7. 
  • Siukonen, Markku (2001). Urheilukunniamme puolustajat – Suomen olympiaedustajat 1906–2000 (en finés). Graface Jyväskylä. p. 144. ISBN 951-98673-1-7.