Santuario

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Santuario da Nosa Señora do Corpiño
Santuario a Tin Hau en Repulse Bay, Hong Kong

Un santuario[1] (do latín sanctuarium) é un lugar sagrado dedicado a unha deidade, devanceiro, heroe, mártir, santo, demo, ou a unha figura de respecto similar, onde é venerada ou adorada. Os santuarios con frecuencia conteñen ídolos, reliquias ou outros obxectos asociados coa figura que se venera.[2] Un santuario en que se fan ofrendas votivas chámase altar.

Os santuarios atópanse en moitas relixións do mundo, incluídas o cristianismo, o islam, o hinduísmo, o budismo, a relixión tradicional chinesa, o xintoísmo, o paganismo xermánico e a fe Bahá'í, así como en ambientes seculares e non relixiosos, como os monumentos de guerra. Os santuarios situánse en contornas diferentes, como igrexas, templos, cemiterios, museos ou no fogar. Os santuarios portátiles tamén aparecen nalgunhas culturas.[3]

Tipos de santuarios[editar | editar a fonte]

Santuario doméstico taoísta chinés (1850-1860), Museo de Bankfield.
Peto de ánimas en San Xurxo de Asma, Chantada

Santuarios do templo[editar | editar a fonte]

Moitos santuarios atópanse dentro dos edificios e nos templos deseñados especificamente para o culto, como as igrexas cristiás ou os mandir do hinduísmo. O santuario adoita ser o centro de atención do edificio, e ten un lugar destacado. Neses casos, os seguidores da fe reúnense dentro do edificio para venerar a deidade no santuario. Na arquitectura clásica do templo, o santuario pode ser sinónimo da cella.

Santuarios domésticos[editar | editar a fonte]

Historicamente, no hinduísmo, o budismo e o catolicismo, e tamén en relixións modernas como o neopaganismo, é común atopar un santuario dentro da casa ou da tenda.[4] Este santuario adoita ser unha estrutura pequena ou unha configuración de imaxes e figuras dedicadas a unha deidate que é parte da relixión oficial, aos devanceiros ou a unha deidade doméstica.[5]

Santuarios de xardín[editar | editar a fonte]

No fondo dos xardíns de moitas persoas localízanse pequenos santuarios de diversas relixións. Algúns consisten, no caso do cristianismo, nunha imaxe de Xesucristo, a Virxe María ou un santo nun pedestal; algúns inclúen pinturas ou elementos arquitectónicos. Nos Estados Unidos algúns lembran a altares laterais cunha estatua colocada nun nicho ou gruta e que se coñecen coloquialmente como bathtub Madonna ("bañeira da Virxe").[6]

Santuarios ao bordo dos camiños[editar | editar a fonte]

Artigo principal: Peto de ánimas.

En ocasións colócanse nas estradas ou camiños pequenas imaxes, en xeral dentro dalgún pequeno refuxio. Ás veces sitúanse nun asentamento ou nun cruzamento de camiños.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para santuario.
  2. Shrine
  3. "Portable shrine". Arquivado dende o orixinal o 19 de outubro de 2015. Consultado o 19 de outubro de 2015. 
  4. "Buddhist shrines hidden in Chinatown’s shops". Arquivado dende o orixinal o 28 de febreiro de 2007. Consultado o 28 de febreiro de 2007. 
  5. "Household Shrines". Arquivado dende o orixinal o 9 de decembro de 2019. Consultado o 9 de decembro de 2019. 
  6. Front Yard Shrines and Wayside Shrines

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]