Sancho Sanchez

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Sancho Sanchez foi un trobador e crego galego do século XIII.[1]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Pola colocación da súa obra nos cancioneros, Crese que foi un crego.[2] O profesor José Antonio Souto Cabo atopou o seu nome como testemuña nunha escritura de 1260 da compra duns terreos na parroquia de Cacheiras, municipio de Teo, por parte do deán de Santiago. Neste documento refírese a el como crego.[1]

Obra[editar | editar a fonte]

Consérvanse seis cantigas de amigo, ademais dunha cantiga de amor de dubidosa autoría.[3]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 "Sancho Sanches". Cantigas Medievais Galego-Portuguesas (en portugués). 2012. Consultado o 12 de abril de 2021. 
  2. "Biografía". Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades. Base de datos da Lírica Profana Galego-Portuguesa (MedDB) (en portugués). 2012. ISSN 1989-4546. Consultado o 12 de abril de 2021. 
  3. "Sancho Sanches - Todas as cantigas". Cantigas Medievais Galego-Portuguesas (en portugués). 2012. Consultado o 2021-04-12.