Salvador Galarreta Alfaro
Biografía | |
---|---|
Nacemento | século XIX |
Morte | 14 de xaneiro de 1944 Cambados, España |
Alcalde de Cambados | |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Actividade | |
Ocupación | avogado , político |
Salvador Galarreta Alfaro, finado en Cambados o 14 de xaneiro de 1944,[1] foi un avogado e político galego.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Avogado en Cambados. Na ditadura de Primo de Rivera foi nomeado concelleiro de Cambados en 1924.[2] Logo do golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi xefe de Falange de Cambados. Foi nomeado alcalde de Cambados de marzo de 1938, permanecendo no cargo até 1940. Foi acoitelado por Antonio Carro en agosto de 1939 cando levaba o estandarte na procesión da Virxe da Pastora.[3] Despois foi fiscal do xulgado de instrución de Cambados. A súa irmá Elena foi xefa local da Sección Femenina en Cambados.
Predecesor: Antonio Pombo Cancela |
Alcalde de Cambados 1938 - 1940 |
Sucesor: José Rodríguez Cadarso |