Salvador Dopazo Lapido
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1910 Padrón, España |
Morte | 4 de xuño de 1948 (37/38 anos) Padrón, España |
Datos persoais | |
Outros nomes | Salvador da Mariña |
País de nacionalidade | España |
Actividade | |
Ocupación | político |
Lingua | Lingua galega |
Francisco Salvador Dopazo Lapido, coñecido como Salvador da Mariña, nado en Padrón cara a 1910 e finado o 4 de xuño de 1948, foi un político galego.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Xornaleiro veciño de Pazos de Iria. Foi detido por unha pelexa en Cruces en marzo de 1930.[1] Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi detido. Xulgado en Santiago de Compostela por rebelión na causa 361/36 con Luis Villaverde Lapido, Rogelio Riveiro Aboy, Vicente Fuentes, Manuel Hermida Pintor, Ricardo Lorenzo Seoane, José Montes e 15 máis, foi condenado a pena de morte. A sentenza foi conmutada por cadea perpetua. Cando saíu en liberdade foi enlace da guerrilla. Días despois do enfrontamento de Luou que lle costou a vida a catro guerrilleiros o 19 de maio de 1948, cando se dirixía a traballar en bicicleta, foi detido por dous gardas civís que o levaron ao cuartel de Iria. O seu cadáver apareceu no monte das Abelendas o 4 de xuño.[2]
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ El Ideal Gallego, 7-3-1930, p. 2.
- ↑ Martínez, Lupe (2023). Guerrilleir@s antifranquistas da provincia da Coruña. Vigo: Galaxia. p. 388. ISBN 978-84-1176-172-7.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
- Salvador Dopazo Lapido na páxina web Nomes e Voces.