Rudesindo Fernández Vilor
Biografía | |
---|---|
Nacemento | Becerreá, España |
Morte | 20 de setembro de 1936 Becerreá, España |
Alcalde | |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Actividade | |
Ocupación | político |
Lingua | Lingua castelá |
Rudesindo Fernández Vilor, nado en Becerreá e finado no mesmo concello o 20 de setembro de 1936, foi un político galego.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Foi alcalde de Becerreá na Segunda República. Militante de Izquierda Republicana. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi detido no depósito de Becerreá o 5 de setembro, saíndo en liberdade o día 11. Foi paseado ao tentar fuxir da Falange. Tamén morreu o seu parente Ovidio Villar Fernández.
Predecesor: Jesús Rodríguez Pérez |
Alcalde de Becerreá 1936 |
Sucesor: José Flórez López |