Ruby Cohn

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaRuby Cohn
Biografía
Nacemento13 de agosto de 1922 Editar o valor em Wikidata
Columbus, Estados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
Morte18 de outubro de 2011 Editar o valor em Wikidata (89 anos)
Oakland, Estados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEstados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade de París
Universidade Washington em St. Louis (pt) Traducir
Hunter College (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónescritora Editar o valor em Wikidata
EmpregadorDavis University of California (pt) Traducir
Universidade Estatal de San Francisco
Instituto das Artes de California Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua inglesa Editar o valor em Wikidata
Premios


Ruby Cohn (chamada Ruby Burman até casar), nada en Columbus (Ohio) o 13 de agosto de 1922 e finada en Oakland (California) o 18 de outubro de 2011, foi unha teórica do teatro, especialista na obra e figura de Samuel Beckett. Foi profesora de Drama Comparativo na Universidade de California, Davis durante trinta anos.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

De nova mudouse coa súa familia a Nova York, onde fixo a educación secundaria, e despois graduouse no Hunter College. Durante a segunda guerra mundial uniuse ás WAVES (Women Accepted for Volunteer Emergency Service) e serviu como mensaxeira. En 1946 casou co microbiólogo Melvin Cohn, e mudáronse a Saint Louis. En 1961 divorciáronse de forma amistosa[1]

Despois da guerra regresou a Europa e completou un grao doutoral na Universidade de París. O 5 de xaneiro de 1953, sendo alumna da Sorbona, asistiu á primeira representación da obra Á espera de Godot do autor irlandés, Samuel Beckett. A obra e o seu autor convertéronse no tema central da súa vida académica. Converteuse en amiga do autor, co que intercambiou correspondencia e visitas polo menos unha vez ao ano até a súa morte en 1989.[2] Fixo un segundo doutoramento na Universidade de Washington en Saint Louis cunha disertación acerca de Beckett, que se converteu no seu primeiro libro.

En 1961 comezou a dar clases na facultade de Linguas da Universidade Estatal de San Francisco, onde permaneceu até a súa dimisión en 1968 durante a folga estudantil. En 1969 uniuse á facultade de Teatro do California Institute of the Arts, e en 1972 pasou á Universidade de California, Davis.

Obras[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Professor Ruby Cohn", obituario en San Francisco Chronicle, 30 de outubro de 2011, p. C6 (en inglés).
  2. Bruce Weber, "Ruby Cohn, Writer and Expert on Beckett, Dies at 89", obituario en The New York Times, 31 de outubro de 2011, p. B8 (en inglés).