Rosalynn Carter

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaRosalynn Carter

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento(en) Eleanor Rosalynn Smith Editar o valor em Wikidata
18 de agosto de 1927 Editar o valor em Wikidata
Plains, Estados Unidos de América (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Morte19 de novembro de 2023 Editar o valor em Wikidata (96 anos)
Plains, Estados Unidos de América (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Causa da mortedemencia Editar o valor em Wikidata
39ª Primeira dama dos Estados Unidos
20 de xaneiro de 1977 – 20 de xaneiro de 1981
← Betty FordNancy Reagan → Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEstados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
RelixiónBaptismo Editar o valor em Wikidata
EducaciónGeorgia Southwestern State University (en) Traducir (–1946) Editar o valor em Wikidata
Actividade
Campo de traballoActividade literaria e Activismo Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónpolítica , autobiógrafa , activista polos dereitos das mulleres , escritora Editar o valor em Wikidata
Partido políticoPartido Demócrata Editar o valor em Wikidata
Membro de
LinguaLingua inglesa Editar o valor em Wikidata
Familia
CónxuxeJames Earl "Jimmy" Carter (1946–2023), morte da persoa
FillosJack Carter (pt) Traducir, James Earl Carter III (en) Traducir, Amy Carter (pt) Traducir, Jeff Carter (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Premios
Sinatura
Editar o valor em Wikidata

IMDB: nm0141914 Discogs: 2438261 WikiTree: Smith-233067 Find a Grave: 7748385 Editar o valor em Wikidata

Eleanor Rosalynn Carter (de solteira Smith), nada en Plains (Xeorxia) o 18 de agosto de 1927 e finada na mesma localidade o 19 de novembro de 2023, foi a Primeira Dama dos Estados Unidos de América entre 1977 e 1981 como a esposa de Jimmy Carter. Durante décadas foi voceira de numerosas causas.

Carter estivo politicamente activa durante os seus anos na Casa Branca, sentando nas reunións do gabinete. Foi a conselleira máis próxima ao seu marido. Tamén serviu como enviada no estranxeiro, particularmente en Latinoamérica.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Rosalynn Carter aos dezasete anos.

Orfa de pai dende os trece anos,[1] axudou a súa nai no seu traballo de modista[2] para afrontar os seus estudos elementais. No Plains High School, Rosalynn traballou duro para facer realidade o soño do seu pai de que fose á facultade.[2] Matriculouse no Georgia Southwestern College, mais despois abandonouno.[3] Tiña aspiracións de saír de Plains, mais tivo que deixar a facultade debido á falta de diñeiro e por ter obrigas coa súa nai e irmáns.[4]

Casou con Jimmy Carter en 1946 e dende que este abandonou a Armada dos Estados Unidos colaborou na empresa familiar dedicada ao cultivo e comercialización de cacahuetes, no departamento de contabilidade.

Cando en 1962, Jimmy Carter foi elixido senador polo estado de Xeorxia, Rosalynn dedicouse a apoiar a carreira política do seu esposo. En 1970 converteuse na primeira dama de Xeorxia e decidiu centrarse na saúde mental.[5] Máis tarde fixo campaña para a candidatura de Carter á Presidencia dos Estados Unidos. Ao final do mandato incorporouse ao proxecto do Centro Carter, onde é codirectora.

Participou activamente nas tarefas preparatorias para a asistencia da fundación ao Referendo presidencial de Venezuela de 2004 a petición de todas as partes.

Vida privada[editar | editar a fonte]

Rosalynn e Jimmy Carter casaron en Plains o 7 de xullo de 1946. O matrimonio cancelou os plans de Rosalynn de acudir ao Georgia State College for Women, onde planeaba estudar deseño de interiores.[6] A parella tivo catro fillos: John William "Jack" (nado en 1947), James Earl "Chip" III (nado en 1950), Donnel Jeffrey "Jeff" (nado en 1952) e Amy Lynn (nada en 1967).

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Carter, Rosalynn (1984), páx. 17.
  2. 2,0 2,1 Godbold, p. 44.
  3. "Rosalynn Carter". geni_family_tree. 
  4. Wertheimer, páx. 343.
  5. Lindsay, páx. 229.
  6. Kaufman, páx. 119.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]