Rosa Mariscal
Aparencia
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 20 de xaneiro de 1970 Madrid, España |
Morte | 22 de abril de 2022 (52 anos) Madrid, España |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Actividade | |
Ocupación | actriz |
Lingua | Lingua castelá |
Rosa Mariscal Peña, nada en Madrid o 20 de xaneiro de 1970 e finada na mesma cidade o 22 de abril de 2022, foi unha actriz española.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Traballou en varias películas, obras de teatro e series de televisión, sendo a que lle deu unha maior popularidade Hospital Central, onde encarnou durante máis de tres anos o personaxe da pediatra Andrea Valverde. Na serie, destacou, sobre todo, pola súa relación de amor con Vilches (Jordi Rebellón). En cine destacaron os seus traballos en películas como Cuando vuelvas a mi lado (1999), de Gracia Querejeta ou Amor, curiosidad, prozak y dudas (2001), de Miguel Santesmases.
Realizou varios cursos de interpretación escénica, teatro, danza e voz.
Filmografía[editar | editar a fonte]
Filmes[editar | editar a fonte]
- Resultado final (1998), de Juan Antonio Bardem.
- Agujetas en el alma (1998), de Fernando Merinero.
- Cuando vuelvas a mi lado (1999), de Gracia Querejeta
- Amor, curiosidad, prozak y dudas (2001), de Miguel Santesmases.
Curtametraxes[editar | editar a fonte]
- Cuando cae la tarde
- Sótano (1997)
- Se fue (1997), de Jacobo Martos.
- El sueño del oso hosmiguero
- Cuerdas (2000)
- ¿Y si se lo digo? (2001), de Eva Norberto.
- Aliento (2001), de Daniel Azancot.
- Pneuma (aire) (2001).
- Ella nunca duerme (2002).
- Elisa Guzmán (2004), de Sonia Sebastián.
- Una cierta idea de felicidad (2005), de Javier Asenjo.
- Limbo (2006), de Miguel Ángel P. Prieto.
Televisión[editar | editar a fonte]
- La otra familia (1996)
- Señor Alcalde (1998)
- Periodistas (1998)
- Hospital Central (2000-2003) como Dra. Andrea Valverde.
- Siete Vidas (2006)
- Herederos (2008)
Teatro[editar | editar a fonte]
- Todos eran mis hijos
- Poeta en Nueva York
- Yerma
- Fuenteovejuna
- El baile de las máscaras
- Las pelópidas
- Una bala perdida
- Rigoleto y los tres pelos del diablo (marionetas)
Premios[editar | editar a fonte]
- Premio de Baleares entregado como mellor actriz de televisión, na discoteca Tyto's de Palma por Hospital Central.
- Premio de Palmarés (2001) como mellor actriz pola curtametraxe ¿Y si se lo digo? de Eva Norberto.
- Festival de Cine Español de Málaga 2001: Mención especial do xurado xunto con Pilar Punzano, Silvia Marsó e Esther Ortega por Amor, curiosidad, prozak y dudas (2001).