Rogelio Mazaeda
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 31 de xullo de 1907 (116 anos) A Ponte do Porto, España |
Morte | Cuba |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Actividade | |
Ocupación | sindicalista , político |
Lingua | Lingua castelá |
Rogelio Mazaeda Novais, nado na Ponte do Porto (Camariñas) o 31 de xullo de 1907 e finado en Cuba, foi un sindicalista e político galego.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Fillo de José Mazaeda Carril. Chófer de profesión, foi presidente do Sindicato de Oficios Varios de Camariñas, afecto á Unión General de Trabajadores. Foi representante da candidatura da Frente Popular nas eleccións de febreiro de 1936 en Camariñas. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 liderou aos sindicalistas da Ponte do Porto para intentar frear o golpe declarando o comunismo libertario. A pesar de ser perseguido, conseguiu permanecer oculto en varias vivendas da Ponte do Porto, principalmente escondido na cheminea dunha delas, durante 14 anos. O Tribunal Regional de Responsabilidades Políticas abriulle expediente en xullo de 1940 e o 11 de xullo de 1941 foi condenado a 10 anos de inhabilitación absoluta, 8 anos e un día de desterro a máis de 200 quilómetros de Camariñas e ao pago de 500 pesetas de sanción. Anos despois, logrou fuxir a Portugal vestido de muller e despois embarcou para Chile e finalmente recalou en Cuba, onde morreu.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
- La historia de Rogelio Mazaeda
- Rogelio Mazaeda na páxina web Nomes e Voces.