República Soviética Independiente de Galicia
A República Soviética Independiente de Galicia foi proclamada en Ourense en 1932 e tan só durou unhas horas.
Historia[editar | editar a fonte]
Foi proclamada polo doutor Fernández Carniceiro e outros cinco compañeiros (traballadores da construción) que subiron ó Goberno Civil, pecharon ó gobernador nun cuarto, retiraron a bandeira republicana e izaron unha cunha fouce e un martelo vermellos que dicía en letras douradas: República Soviética Independiente de Galicia. Ás poucas horas a bandeira foi retirada, segundo conta Luís Soto no seu libro Castelao, a U.P.G. e outras memorias.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Bibliografía[editar | editar a fonte]
- Castelao, a U.P.G. e outras memorias, Luís Soto.
Outros artigos[editar | editar a fonte]
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
- C. C. V. (abril de 2010). "República Soviética da Galiza" (PDF). A Revista. Suplemento do Novas da Galiza (20). p. 1.