Rectas de regresión

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

As rectas de regresión son as rectas que mellor se axustan á nube de puntos (tamén chamada diagrama de dispersión) xerada por unha distribución binomial.

Características[editar | editar a fonte]

Matematicamente, son posibles dúas rectas de máximo axuste:[1]

  • A recta de regresión de Y sobre X:

  • A recta de regresión de X sobre Y:

A correlación ("r") das rectas determinará a calidade do axuste. Se r é próximo ou igual a 1, o axuste será bo; se r é próximo ou igual a 0, tratarase dun axuste malo.

Posición de dúas rectas de regresión[editar | editar a fonte]

Dependendo da correlación das rectas estas terán unha determinada posición relativa entre elas:

  • Cando a correlación é case nula, as dúas rectas forman un ángulo moi grande (próximo a 90º).
  • Se a correlación é forte, o ángulo que forman as dúas rectas é pequeno.
  • Se /r/ é próximo a 1, as rectas serán case coincidentes.

A intersección das dúas rectas é un punto chamado centro de gravidade da distribución.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Apunte sobre Rectas de regresión. Ministerio de Educación y Ciencia. Gobierno de España. (en castelán)

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Devore, Jay L.; Probabilidad y Estadística para Ingeniería y Ciencias. International Thomson Editores. México. ISBN 970-686-457-1.
  • Walpole, Ronald E.; Raymond H.; Myers, Sharon L.; Probabilidad y Estadística para Ingenieros. Pretice-Hall Hispanoamericana, S.A. México. ISBN 970-17-0264-6.
  • Canavos, George C.; Probabilidad y Estadística. Aplicaciones y Métodos. McGraw-Hill. México. ISBN 968-451-856-0.

Outros artigos[editar | editar a fonte]