Razón (Lalín)
Razón | |
---|---|
Fundación | 1933 |
Remata | 1934 |
Localidade | Lalín |
[ editar datos en Wikidata ] |
Razón foi un periódico quincenal que editado en Lalín entre 1933 e 1934.
Historia e características[editar | editar a fonte]
Subtitulado Periódico independiente, apareceu o 18 de xullo de 1933. De tendencia republicana e galeguista, estaba dirixido por Jesús Iglesias Surribas. Entre os seus redactores figurou Xesús Froiz. Ramón de Valenzuela e Manuel González Rodríguez foron algúns dos seus colaboradores. Editábase na imprenta de Celso Carrón. Cesou a súa publicación nos primeiros meses de 1934.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Bibliografía[editar | editar a fonte]
- Vilavedra, Dolores, ed. (1997). Diccionario da literatura galega. Publicacións periódicas II. Vigo: Editorial Galaxia. ISBN 84-8288-137-X.
Outros artigos[editar | editar a fonte]
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
- Con Razón: Viva a República artigo de Manuel Igrexas.