Saltar ao contido

Rauw Alejandro

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaRauw Alejandro

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento(es) Raúl Alejandro Ocasio Ruiz Editar o valor em Wikidata
10 de xaneiro de 1993 Editar o valor em Wikidata (31 anos)
San Xoán (Estados Unidos de América) Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
Outros nomesRauw Alejandro Editar o valor em Wikidata
ResidenciaOs Ánxeles Editar o valor em Wikidata
País de nacionalidadeEstados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupacióncantante , bailarín , compositor de cancións , produtor musical Editar o valor em Wikidata
Período de actividade2012 Editar o valor em Wikidata -
Xénero artísticoR&B contemporáneo, música urbana, Latin rhythm and blues (en) Traducir, Reggaeton, Latin trap (pt) Traducir e pop latino Editar o valor em Wikidata
LinguaCastelán portorriqueño e lingua inglesa Editar o valor em Wikidata
InstrumentoVoz Editar o valor em Wikidata
Selo discográficoSony Music Latin Editar o valor em Wikidata
Familia
ParellaRosalía (2019–2023) Editar o valor em Wikidata
Premios

Páxina webrauwalejandro.com Editar o valor em Wikidata
IMDB: nm10282885 Rottentomatoes: celebrity/rauw_alejandro
Facebook: rauwalejandro Twitter: rauwalejandro Instagram: rauwalejandro Youtube: UC_Av98lDjf5KvFib5elhpYg TikTok: rauwalejandro Souncloud: rauwalejandro Spotify: 1mcTU81TzQhprhouKaTkpq iTunes: 1107186883 Last fm: Rauw+Alejandro Musicbrainz: 197b70c7-8910-4030-ad03-632d82aa40e3 Songkick: 9920644 Discogs: 7153566 Allmusic: mn0003799664 Deezer: 11289472 Genius: Rauw-alejandro Editar o valor em Wikidata

Raúl Alejandro Ocasio Ruiz, nado en San Xoán o 10 de xaneiro de 1993, máis coñecido polo seu nome artístico Rauw Alejandro, é un cantautor, bailarín e produtor discográfico portorriqueño.[1]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Naceu en San Xoán, e foi criado en Carolina (Porto Rico). Do mesmo xeito ca el, os seus pais tamén son artistas, e influenciárono con cantantes como Elvis Presley e Michael Jackson.[2] O seu pai é Raúl Ocasio, un guitarrista; e a súa nai é María Ruiz, unha corista. Durante varios anos viviu nos Estados Unidos, onde foi influído polos xéneros R&B e dancehall.[3]

En setembro de 2021, confirmouse o seu noivado coa cantante española Rosalía.[4]

Carreira musical[editar | editar a fonte]

2014-2017: Inicios[editar | editar a fonte]

Comezou a súa carreira en 2014 coa canción «Inevitable» e mantívose nos anos seguintes lanzando cancións como «Eso que tienes», «Días así», «No me hagas esperar» e «I.D.G.F.» en 2015 e «Pa' serio», «Como nunca», «Mala miña», «Back To Sleep» e «Misiones» en 2016.[5] Lanzou o seu primeiro mixtape titulado Punto De Equilibrio en 2016, o cal contou coas colaboracións de Myke Towers, Álvaro Díaz, Joyce Santana e Rafa Pabön.[6]

Lanzou cancións en 2017 como «Las oportunidades», «Las justas », «Ahora dice», «Tómalo», «Luz roja», «Ta' moja», «Estamos mal», «Se hace tarde» e «Toda» xunto a Alex Rose, o cal contou cunha remestura en 2018 con Cazzu, Lenny Tavárez e Lyanno. Esta remestura conta con máis de 100 millóns de reproducións en Spotify e máis de 1.000 millóns en YouTube.[7]

En 2018, publicou a súa versión da canción «Tú te imaginas» de De la Ghetto co que gañou recoñecemento.[8] Participou en cancións como «Pa' tu casa» e «Luz apaga», coas que logrou consolidarse aínda máis.[9][10] Porén, co lanzamento dos sinxelos «Que le dé» con colaboración de Nicky Jam, as sinxelo «Fantasías» con Farruko, «El efecto» xunto a Chencho Corleone de Plan B, ademais da súa remestura que contou con Bryant Myers, Dalex, Kevvo e Lyanno, lanzárono ao recoñecemento en todo o continente a finais do ano 2019.[11][12]

Publicou o seu primeiro EP titulado Trap Cake en 2019.[13]

En 2020, publicou o seu primeiro álbum de estudio titulado Afrodisíaco, o cal contou coas colaboracións de Anuel AA, J Balvin, Zion & Lennox, Sech, Wisin & Yandel, Arcángel, Randy, Trippie Redd, entre outros.[14]

En 2021, sacou un dos seus temas máis exitosos «Todo de ti».[15] Este tema cultivou seis discos de platino nos Estados Unidos, catro en España e múltiples discos de ouro, algúns na Arxentina ou México. A raíz do éxito deste sinxelo, lanzou o seu segundo álbum de estudio Viceversa, un álbum que conseguiu o número 1 en España, ademais de obter a certificación de platino no país anglosaxón tras superar as 60.000 unidades de devandito material. Noutros países como Colombia ou o Perú, obtivo a certificación de platino e ouro, sendo o álbum máis vendido do cantante até a data.

Discografía[editar | editar a fonte]

Título Listas Certificacións
SPA[16]
Afrodisíaco
  • Lanzamento: 13 de novembro de 2020
  • Discográfica: Sony Music Latin
  • Formato: CD, descarga dixital
2
  • RIAA: Ouro (Latin)
  • PROMUSICAE: Ouro
Viceversa
  • Lanzamento: 25 de xuño de 2021
  • Discográfica: Sony Music Latin
  • Formato: CD, descarga dixital
1
  • RIAA: Platino (Latin)
  • ASINCOL: Platino
  • UNIMPRO: Ouro[17]

Mixtapes

  • 2016: Punto de equilibrio

EP

  • 2019: Trap Cake

Álbums en directo

  • 2020: Concerto virtual en tempos de COVID-19 desde o Coliseo de Porto Rico

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Rauw Alejandro | Biography & History" (en inglés). Consultado o 2020-12-13. 
  2. Del Toro, Jackeline (19 de xaneiro de 2017). "Rauw Alejandro se lanza a la conquista “de las nenas” con su música". Primera Hora. Consultado o 7 de febreiro de 2019. 
  3. "Rauw Alejandro junto a Nicky Jam son la nueva sensación del verano". Pronto. 25 de xaneiro de 2019. Arquivado dende o orixinal o 09 de febreiro de 2019. Consultado o 7 de febreiro de 2019. 
  4. Hernández, Nuria (27 de setembro de 2021). "Rosalía confirma su noviazgo con Rauw Alejandro: cumpleaños juntos en casa con tres tartas, globos rosas y una Gracias". Vanity Fair España. Consultado o 12 de outubro de 2021. 
  5. Fernandez, Suzette (31 de xaneiro de 2019). "Latin Artist On the Rise: Meet Rauw Alejandro" (en inglés). Billboard. Consultado o 7 de febreiro de 2019. 
  6. Rodríguez, Yomaris (6 de xullo de 2018). "Rauw se abre paso". El Vocero. Consultado o 7 de febreiro de 2019. 
  7. "Alex Rose, Rauw Alejandro, Cardi B y la pelea por "Toda (Remix 2)"" (en castelán). 2018-10-03. Arquivado dende o orixinal o 10 de decembro de 2021. Consultado o 2020-12-13. 
  8. VOCERO, Yomaris Rodríguez, EL. "Rauw Alejandro: “El baile es mi marca”" (en castelán). Consultado o 2020-12-13. 
  9. "Colaboración de Khea con Kevin Roldán". CMT. 17 de outubro de 2018. Consultado o 10 de febreiro de 2019. 
  10. "Ozuna se une a nuevos exponentes del género en sencillo musical". Diario Metro de Puerto Rico. 19 de novembro de 2018. Consultado o 10 de febreiro de 2019. 
  11. "Rauw Alejandro lanza “Que le dé” con la bendición de Nicky Jam". Billboard. 30 de xaneiro de 2019. Arquivado dende o orixinal o 14 de febreiro de 2019. Consultado o 14 de febreiro de 2019. 
  12. Mozo, Yamila (2019-08-29). "RAUW ALEJANDRO lanza su nuevo sencillo "FANTASÍAS" junto a FARRUKO". Sony Music Entertainment Latin (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 25 de novembro de 2022. Consultado o 2022-11-25. 
  13. "Rauw Alejandro es el nuevo príncipe del pop latino" (en castelán). Consultado o 2021-09-14. 
  14. de 2020, Por Newsroom Infobae (13 de novembro). "Rauw Alejandro lanza Afrodisíaco, con colaboración de Anuel, Lennox y Farruco" (en castelán). Consultado o 2020-12-13. 
  15. Bloom, Madison (May 20, 2021). "Rauw Alejandro Shares Video for New Song "Todo de Ti". 
  16. "Search for: Aitana". Consultado o 22 de marzo de 2020. 
  17. Facebook (2021-07-13). "Rauw Alejandro celebra primer puesto de ventas de disco en listado Billboard" (en castelán). Consultado o 2021-07-21.