Ramón Yáñez Pereira
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1902 Monforte de Lemos, España |
Morte | 13 de xullo de 1943 (40/41 anos) Ansemil, España |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Actividade | |
Ocupación | membro da resistencia |
Lingua | Lingua castelá |
Carreira militar | |
Conflito | Guerra civil española |
Ramón Yáñez Pereira, coñecido como Enrique ou Médico, nado en Monforte de Lemos en 1902 e finado en Celanova o 13 de xullo de 1943, foi un guerrilleiro antifranquista galego.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Na II República era policía en Barcelona, traballaba para a Generalitat. Antes da ocupación de Barcelona polas tropas franquista, marchou a Francia a finais de decembro de 1938. Volveu a Monforte de Lemos e logo trasladouse a Ribadavia onde traballou como recadador de contribucións cunha identidade falsa ata xullo de 1940. Descuberto, fuxiu cando o ía deter a policía e marchou a Portugal instalándose en Castro Laboreiro. Formou parte do grupo capitaneado por José Rodríguez Páramo xunto coa súa compañeira Rosa Alves "A Africana". Foi morto pola policía en Caseta de Ansemil (Celanova) o 13 de xullo de 1943. Foi soterrado no cemiterio de Celanova.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Bibliografía[editar | editar a fonte]
- Alonso Santos, Román (2016). Saltando a raia. Guerrilla republicana no suroeste ourensán (1939-1943). Ponteareas: Novas do Eixo Atlántico. pp. 130–131, 239–244. ISBN 978-84-608-9994-5.
- Redondo Abal, Francisco Xavier (2006). Botarse ao monte. Censo de guerrilleiros antifranquistas na Galiza (1939-1965). Sada: Do Castro. p. 141. ISBN 84-8485-231-8.