Raimundo Otero Brañas

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaRaimundo Otero Brañas
Biografía
Nacemento1889 Editar o valor em Wikidata
Ferrol, España Editar o valor em Wikidata
Morte25 de agosto de 1983 Editar o valor em Wikidata (93/94 anos)
Ferrol, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónmédico militar Editar o valor em Wikidata

Raimundo Otero Brañas, nado en Ferrol cara a 1889 e finado no mesmo concello o 25 de agosto de 1983, foi un practicante e médico galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Practicante da zona de Ferrol. De orientación libertaria. Cando se produciu o golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 estaba destinado como oficial auxiliar de Sanidade da Armada na Base de Maó (Menorca). Foi membro do comité que impediu que triunfase naquela base da Mariña militar o golpe.[1]

En 1954 foi detido por prestar axuda ao guerrrilleiro Francisco Martínez Leira “Pancho”, ferido de bala en novembro. Segundo a súa familia, era o enfermeiro de confianza da guerrilla antifranquista de Ferrolterra. Chegou a ser capitán de Sanidade Militar no momento do seu retiro. Finou en 1983.[2]

Vida persoal[editar | editar a fonte]

casou con Mercedes París Gómez e foi pai de Mercedes e Raimundo Otero París.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Exiliats menorquins
  2. La Voz de Galicia, 26-8-1983, p. 55.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]