Rafael Pérez Martínez
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 3 de febreiro de 1945 (79 anos) Cados, España |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Actividade | |
Ocupación | empregado de banca , político |
Rafael Pérez Martínez, nado en Cados (Muíños) o 3 de febreiro de 1945[1], é un político galego do PSdeG-PSOE.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Director da Caixa de Aforros de Ourense en Muíños. Nas primeiras eleccións municipais democráticas foi elixido concelleiro do PSdeG-PSOE en Muíños. Nese mandato foi designado deputado provincial, o único do PSdeG nesa corporación e por tanto o primeiro de toda a democracia. Nas eleccións municipais de 1983 foi elixido alcalde de Muíños grazas ao apoio dos concelleiros de AP. Nas municipais de 1987 revalidou a alcaldía con maioría absoluta, sendo ademais designado deputado provincial. Volveu revalidar a alcaldía con maioría absoluta nas municipais de 1991. Nas municipais de 1995 perdeu a alcaldía en favor do PPdeG, por tan só 11 votos, e permaneceu como portavoz socialista no concello durante ese mandato, tralo cal se retirou da primeira liña política.
Predecesor: Lisardo Quintas Graña |
Alcalde de Muíños 1983 - 1995 |
Sucesor: Plácido Álvarez Dobaño |