RSA

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

RSA é un sistema criptográfico con clave pública. Recibe este nome pola inicial do apelido dos seus inventores: Ronald Rivest, Adi Shamir e Leonard Adleman.

Características[editar | editar a fonte]

O algoritmo deseñárono no 1977 por tres científicos do Instituto de Tecnoloxía de Massachusetts: Ronald Rivest, Adi Shamir e Len Adleman. Clifford Cocks, un experto en matemáticas que traballaba para Government Communications Headquarters, desenvolvera un algoritmo similar nun documento interno en 1973, mais non chegou a implementarse debido ós altos custos do procesamento de datos da época. Este ensaio foi coñecido en 1997 debido a que se clasificara coma confidencial. O MIT patentou o algoritmo en 1983 nos Estados Unidos coa patente 4.405.829, que expirou no ano 2000.

Todo usuario de dito sistema fai pública unha clave de cifrado e oculta unha clave de descifrado. Unha chave é un número de gran tamaño, que unha persoa pode conceptualizar como unha mensaxe dixital, como un ficheiro binario ou como unha cadea de bits ou bytes. Cando se envía unha mensaxe, o emisor procura a clave pública de cifrado do receptor e unha vez que dita mensaxe chega ó receptor, este ocupase de descifralo usando a súa clave oculta. As mensaxes enviadas usando o algoritmo RSA represéntanse mediante números e o funcionamento baséase no produto de dous números primos grandes (maiores que 10100) elixidos ó azar para conformar a clave de descifrado. A seguridade deste algoritmo radica en que non hai maneiras rápidas de factorizar un número grande nos seus factores primos utilizando ordenadores tradicionais. A computación cuántica podería prover unha solución a este problema de factorización.

Xeración de claves[editar | editar a fonte]

  • A xeración de claves en RSA levase a cabo da maneira seguinte:
  1. Selecciónanse dous números primos e de maneira que .
  2. Calcúlase .
  3. Calcúlase .
  4. Selecciónase un enteiro positivo tal que o tales que e sexan Primos entre si.
  5. Calcúlase tal que .
  6. A clave privada será e a clave pública será . *Adicionalmente o parámetro debe facerse público.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]