Río Caínzos
Este artigo trata sobre o río. Para o lugar véxase: Río Caínzos, Vilaframil, Ribadeo.
Río Caínzos | |
---|---|
País | España |
Comunidade Autónoma | Galicia |
Nacemento | Porto de Acevedo Ribadeo [1] |
Altitude | 250 m [1] |
Lonxitude | 3,75 km |
Desembocadura | Foxo de Vilaframil [1] Enseada de Coedo [1] Mar Cantábrico |
Altitude desembocadura | 0 m [1] |
Cunca hidrográfica das augas a mar aberto da Mariña Oriental | |
O río Caínzos ou rego Capela é un río principal na Mariña Oriental, que desemboca entre as rías de Foz e Ribadeo.
Curso[editar | editar a fonte]
Nace no porto de Acevedo, entre A Granda e o Monte Coroa, a 290 m de altitude. Discorre enteiramente pola parroquia de Vilaframil, no concello lucense de Ribadeo, e pasa polas aldeas da Madanela, do Regueiral, de Río Caínzos e de Coedo e bordea o aeródromo de Vilaframil xusto antes de precipitarse ó mar. Desemboca no foxo de Vilaframil, na enseada de Coedo, no mar Cantábrico.[2] [1]
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 1,5 Xunta de Galicia. "Información Xeográfica de Galicia - Visor, coordenadas 43°33'17.9"N 7°05'31.7"W" (Mapa). Mapa Base Vectorial. 1:2.257. Consultado o 05/09/2016.
- ↑ Google. "Coordenadas 43°33'17.9"N 7°05'31.7"W" (Mapa). Google Maps. Consultado o 08/06/2019.