Pura Pardo Gayoso
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1919 Lugo, España |
Morte | 11 de xaneiro de 2001 (81/82 anos) Lugo, España |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Actividade | |
Ocupación | política |
Lingua | Lingua castelá |
Familia | |
Irmáns | Juan Manuel Pardo Gayoso |
Purificación Pardo Gayoso, nada en Lugo en 1919 e finada na mesma cidade o 11 de xaneiro de 2001,[1] foi unha política galega.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Irmá de Juan Manuel Pardo Gayoso. Afiliouse a Falange o 2 de febreiro de 1936. Fundadora da Sección Femenina de Lugo, foi xefe provincial da Sección Femenina. Posteriormente foi Delegada provincial do Auxilio Social. Foi condecorada co Y de prata individual pola Delegada Nacional da Sección Femenina en 1944.[2]
Vida persoal[editar | editar a fonte]
Casou en 1943 con Francisco Vidal Verdes, que finou en 1959, e foi nai de Francisco José, Juan Manuel e José Ignacio Vidal Pardo.
Notas[editar | editar a fonte]
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Bibliografía[editar | editar a fonte]
- Alvarellos, Enrique (1993). Mulleres destacadas de Galicia. Alvarellos Editora. p. 233. ISBN 84-85311-96-5.