Proxenetismo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Os proxenetas, de Vermeer.

O proxenetismo,[1] que chega ao galego do grego antigo, co significado "servir de intermediario", é o acto que consiste en obter beneficios económicos da prostitución doutra persoa.

Características[editar | editar a fonte]

O proxenetismo pode ocorrer mediante a coacción, tanto física canto moral, como tamén espontaneamente, como unha forma de protección á persoa que practica a prostitución diante dos seus clientes. O proxenetismo constitúe, na inmensa maioría dos países, un delito para o cal son prescritas penas de prisión.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para proxenetismo.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

  • Jean-Gabriel Mancini, Prostitution et proxénétisme, Presses universitaires de France, 1962, 126 p. (en francés)