Provincia de Cunene

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Non confundir coa rexión de Kunene, de Namibia.
Modelo:Xeografía políticaProvincia de Cunene

Localización
Editar o valor em Wikidata Mapa
 16°42′S 16°03′L / -16.7, 16.05Coordenadas: 16°42′S 16°03′L / -16.7, 16.05
EstadoAngola Editar o valor em Wikidata
CapitalOndjiva (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Contén a división administrativa
Poboación
Poboación990.087 (2014) Editar o valor em Wikidata (11,34 hab./km²)
Lingua usadaLingua kwanyama
Zemba (en) Traducir
Nyaneka (en) Traducir
Nkhumbi (en) Traducir
Nyemba (en) Traducir
Mbwela (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Xeografía
Superficie87.342 km² Editar o valor em Wikidata
Comparte fronteira con
Identificador descritivo
Fuso horario
Prefixo telefónico035 Editar o valor em Wikidata
ISO 3166-2AO-CNN Editar o valor em Wikidata

Cunene é unha das 18 provincias en que se divide administrativamente Angola, localizada na rexión sur do país.

A súa capital é a cidade de Ondijiva, no municipio de Cuanhama.

Xeografía[editar | editar a fonte]

Limita ao leste coa provincia de Namibe, ao norte coa provincia de Huíla, ao oeste coa provincia de Cuando Cubango e ao sur con Namibia, a través do río Cunene, que marca a fronteira entre ambos os países.

A provincia comprende os municipios de Cahama, Cuanhama, Curoca, Cuvelai, Namacunde e Ombadja.

É nesta provincia na que o río Cunene toma o seu nome.

Segundo as proxeccións de poboación de 2018, elaboradas polo Instituto Nacional de Estatística de Angola, ten unha poboación de 1 121 748 habitantes,[1] e unha superficie de 78 342 km².[2]

A provincia de Cunene é a que ten menos homes para cada grupo de cen mulleres.[3]

Ten un clima tropical seco. Os seus principais cultivos son o millo, a iuca e as hortalizas.

Tamén se explotan o ferro e o cobre.

Poboación dos municipios[editar | editar a fonte]

Poboación estimada en xullo de 2018.

  • Cahama, 79 379 hab.
  • Cuanhama, 424 306 hab.
  • Curoca, 46 556 hab.
  • Cuvelai, 65 026 hab.
  • Namacunde, 160 992 hab.
  • Ombadja, 345 490 hab.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Schmitt, Aurelio (3 de febreiro de 2018): "Municípios de Angola: Censo 2014 e Estimativa de 2018". Revista Conexão Emancipacionista.
  2. "Provincia de Cunene" (en portugués). Ministério da Administração do Território. Arquivado dende o orixinal o 05 de decembro de 2013. Consultado o 9 de agosto de 2019. 
  3. Dados Preliminares do Censo 2014 Arquivado 11 de outubro de 2016 en Wayback Machine. (en portugués).

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]


Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre xeografía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.