Procopio de Gaza
Biografía | |
---|---|
Nacemento | c. 465 Gaza |
Morte | c. 528 (62/63 anos) Gaza |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | Imperio Bizantino |
Actividade | |
Ocupación | retórico |
Alumnos | Corício de Gaza (pt) |
Lingua | Grego medieval (pt) |
Familia | |
Irmáns | Zacarias Retórico (pt) |
Procopio de Gaza, nado en Gaza c. 465 e finado na mesma cidade en 528, foi un retórico grego e cristián que viviu en Gaza no século VI e pertenceu á Segunda sofística.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Pensábase que era irmán do bispo Zacarías. Consérvanse del varios escritos profanos (por exemplo, un eloxio do emperador bizantino Anastasio I e cento sesenta e dúas cartas), así como unha catena ou cadea de obras exexéticas (sobre o Octateuco, os Libros dos Reis, as Crónicas, Isaías, Proverbios, Cantares e Eclesiastés) que se atopan entre as máis antigas, e cuxas principais fontes son Basilio de Cesarea, Gregorio de Nazianzo e Cirilo de Alexandría.
Considerado o principal representante da famosa Escola de Gaza, que cultivou a arte oratoria ao máis puro e aticista estilo grego antigo[1], pasou a maior parte da súa vida nesa cidade ensinando e escribindo; sen tomar partido nas liortas teolóxicas que axitaron o seu tempo. Suponse que foi un alumno de Doroteo de Gaza.
Parte da súa produción foi transmitida por manuscritos baixo o nome do seu discípulo Χορίκιος (Coricio de Gaza), quen tamén compuxo un Encomio. As súas obras pódense atopar na Patroloxía grega de Migne, LXXXVII; as súas cartas en Epistolographi graeci, editadas por R. Hercher (1873).
Obras conservadas (en edicións modernas)[editar | editar a fonte]
- Clavis Patrum Graecorum 7430-7448.
- Procopius Gazaeus, Opuscula rhetorica et oratoria, edición E. Amato, Berlín-Nova York: de Gruyter, 2009 (col. Bibliotheca Teubneriana).
- Rose di Gaza: li scritti retorico-sophistici e le Epistole di Procopio di Gaza, a cura di E. Amato, Alessandria: Edizioni dell'Orso, 2010 (col. Helenica).
- A. Corcella, "Tre nuovi testi di Procopio di Gaza: una dialexis inedita e due monodie già attribuite a Coricio", Revue des études tardo-antiques 1 (2011-2012), p. 1-14.
- E. Amato, "Un discorso inedito di Procopio di Gaza: In Meletis et Antoninae nuptias", Revue des études tardo-antiques 1 (2011-2012), p. 15-69.
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ André Guillou, La civilisation byzantine, Paris, Arthaud, 1974, p. 344