Premio Estornela
O premio Estornela de teatro é un premio de teatro para nenos creado pola Fundación Xosé Neira Vilas para estimular a creación nese xénero. Comezou a entregarse en 2000. Ten carácter bianual e altérnase co premio Arume de poesía.
Premiados[editar | editar a fonte]
- 2000. Música da noite de Manuel Lourenzo González. Mención especial a O país acuático, de Eduardo Alonso.
- 2002. Os mundiños, de Heidi Kühn-Bode.
- 2004. Compartido por: O ensaio de Xosé Agrelo, O porco que perdera a cabeza de Ana María Galego Gen e Xoguetes de Fran Peleteiro.
- 2006. O filibusteiro do mar da Marola de Antonio Cordero Álvarez.
- 2008. Larpancia saborosa do lobo e a raposa de Bernardino Graña .
- 2010. Carlos Labraña. Mención de honra para Xosé Luna.
- 2012. Arlequino Viceversa de Diana Varela Puñal.
- 2014. A pequena compaña de Carlos Labraña.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
- Premio Estornela na web da Fundación Xosé Neira Vilas.