Portrait de M. et Mme Auguste Manet

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Portrait de M. et Mme Auguste Manet
ArtistaÉdouard Manet
Data1860
Técnicaóleo sobre lenzo
Dimensións111,5 cm × 91 cm
LocalizaciónMuseo de Orsay

O Portrait de M. et Mme Auguste Manet (en galego: Retrato do Señor Auguste Manet e Señora) é unha obra realizada polo pintor Edouard Manet en 1860. O cadro representa aos pais do artista, e foi presentado no Salon de Paris no ano 1861, ao mesmo tempo que Le Chanteur espagnol (O cantante español).

Esta pintura, constitúe un dos primeiros éxitos de Manet durante os comezos da súa carreira. Isto axudou a tranquilizar aos seus pais que temían que o seu fillo se trabucara de camiño renunciando definitivamente a entrar na escola naval ou a estudar lei.