Saltar ao contido

Portal:Andalucía/Cidade destacada/1

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Cádiz (Fenicio: גדר - Gadir; Grego: τὰ Γάδειρα- Gadeira, Grego antigo: Γήδειρα, Herodoto, e, máis raro, ἡ Γαδείρα, Eratóstenes; Latín: Gades; Árabe: قادس - Qādis) é unha cidade do sur da península Ibérica, capital da provincia de Cádiz, en Andalucía. Xunto cos concellos de San Fernando, Puerto Real, El Puerto de Santa María, Chiclana de la Frontera, Rota e Xerez da Fronteira forma a Mancomunidade da Baía de Cádiz, terceira área metropolitana de Andalucía por poboación e unha das máis activas, económica e industrialmente, desa mesma comunidade autónoma. Con 118.919 habitantes en 2016, Cádiz é a cidade máis grande da Baía de Cadiz e a segunda máis grande da provincia, por detrás de Xerez da Fronteira.

Cidade de interese turístico pola súa longa e influente historia de 3.100 anos, tivo importancia en procesos coma as guerras púnicas, a romanización de Hispania, o descubrimento de América ou a instauración do réxime liberal en España. Toda a cidade presenta numerosas prazas, xardíns, igrexas etc, que constantemente o rememoran.

O conxunto Cádiz-San Fernando está separado da Península polo Caño de Sancti Petri. Historicamente foi desde un pequeno arquipélago a unha illa, situación na que se debate se aínda se atopa nela. Esta particularidade fai difícil definir a súa condición xeográfica. Hoxe en día recibe un plan de tratamento insular. É coñecida popularmente como a Tacita de Plata.