Política de Ecuador

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

O funcionamento da política de Ecuador aparece recollido na constitución de Ecuador, cun mandato de 4 anos para a presidencia, a vicepresidencia e para os membros do Congreso Nacional ecuatoriano. O cargo da presidencia pode reelixirse, pero non para o mandato inmediatamente seguinte. Para votar é necesario ter máis de 18 anos de idade, e o sufraxio é universal e obrigatorio dos 18 os 65 anos de idade, e facultativo para quen ten máis de 65.

Os gobernos provinciais e municipais, e os lexislativos provinciais e municipais son directamente elixidos. O Congreso funciona o ano todo, excepto nos recesos, en xullo e decembro.

O actual presidente, Rafael Correa, asumiu en 15 de xaneiro de 2007.

Poder Executivo[editar | editar a fonte]

Réxime: República presidencialista
Xefe de estado e de goberno: Presidente Rafael Correa (dende 15 de xaneiro de 2007).
Vicepresidente: Lenín Moreno.
O presidente e o vicepresidente son elixidos na mesma elección polo voto popular para un período de 4 anos, sen reelección.

O Poder Executivo inclúe aínda 15 ministerios, e os ministros son nomeados directamente polo presidente da república.

Poder Lexislativo[editar | editar a fonte]

O Ecuador ten un Congreso unicameral (non existe a figura do Senado) formado por 100 membros, elixidos directamente polo voto popular nas provincias, para un período de 4 anos. O Ecuador é dividido en 22 provincias, subdivididas en municipios. Tanto as provincias canto os municipios ten os seus lexislativos locais.

Poder Xudicial[editar | editar a fonte]

A Suprema Corte de Ecuador está composta de 31 xuíces. O país non acepta xurisdición compulsoria da Corte Internacional de Xustiza. Os novos membros da Suprema Corte son escollidos polos membros actuais da Corte. Hai tamén unha Corte Electoral e unha Corte Constitucional. Nunha crise política en 2004, membros da Corte Electoral e da Corte Constitucional foron substituídos polo Congreso. En 2005, foi a vez do Congreso substituír 27 dos 31 xuíces da Suprema Corte.