Pol

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía políticaPol
Imaxe

Localización
lang=gl Editar o valor em Wikidata Mapa
 43°07′47″N 7°21′36″O / 43.1297, -7.36Coordenadas: 43°07′47″N 7°21′36″O / 43.1297, -7.36
EstadoEspaña
Comunidade autónomaGalicia
ProvinciaProvincia de Lugo Editar o valor em Wikidata
CapitalMosteiro Editar o valor em Wikidata
Contén a división administrativa
Poboación
Poboación1.582 (2023) Editar o valor em Wikidata (12,71 hab./km²)
Xeografía
Superficie124,46 km² Editar o valor em Wikidata
Altitude505 m Editar o valor em Wikidata
Comparte fronteira con
Organización política
• Alcalde Editar o valor em WikidataLino Rodríguez Ónega Editar o valor em Wikidata
Eleccións municipais en Pol Editar o valor em Wikidata
Identificador descritivo
Código postal27270 Editar o valor em Wikidata
Fuso horario
Código INE27046 Editar o valor em Wikidata

Páxina webconcellodepol.es Editar o valor em Wikidata

Pol é un concello da provincia de Lugo, pertencente á comarca de Meira. Segundo o IGE en 2014 tiña 1.738 habitantes (En 2009 tiña 1.865, 1.913 en 2007).

Xeografía[editar | editar a fonte]

O concello esténdese nas abas dos contrafortes da Serra de Meira polo nordeste e da Serra do Mirador polo sueste. Mosteiro, con 205 habitantes, é a capital desde 1970. A estrada LU-640 (de Lugo á Veiga) pasa polo norte.

As maiores altitudes están no leste (Pena Grande, 935m, Montes da Ferradura, 809 m e Penedo do Pao, 827 m). Nos límites con Castro de Rei a altitude apenas supera os 400 m e os outeiros intermedios non superan os 650 m. Deles parten numerosos regatos e ríos.

Os principais cursos fluviais son, na bacía do río Miño, o río Azúmara e o seu afluente o río Pol polo centro e o río Lea polo suroeste e, cara a vertente cantábrica, o río Lúa, que é afluente do Eo.

Abundan os bosques grandes, como os de Milleirós, con moitos carballos

O clima é oceánico continental, con precipitacións en volta dos 1.000 mm anuais e temperaturas medias anuais baixas. A media no inverno non supera os 6,7 °C; no verán a temperatura é suave (16 °C); 136 días ao ano hai xeada.

Poboación[editar | editar a fonte]

A distribución por tramos de idade da poboación de Pol queda do seguinte xeito:

Censo total 1.738 (2014)
Menores de 15 anos 128 (7,36 %)
Entre 15 e 64 anos 982 (56,50 %)
Maiores de 65 anos 628 (36,13 %)

Historia[editar | editar a fonte]

A poboación prehistórica debeu de ser importante, en razón da abundancia de mámoas e castros[1].

Os castros que se distinguen no concello:
  • Castromaior
  • Finca dos Castros e Chousa do Cura (Arcos de Frades)
  • Brea e Os Catros (Caraño)
  • Os Castros (Carazo)
  • A Croa (Rois-Cirio)
  • Ferreiros e A Santa (Ferreiros)
  • Hermunde (Hermunde)
  • Trasín (Luaces)
  • A Troia (Pol)
  • Lúa (San Martiño de Lúa)
  • A Poula (San Martiño de Ferreiros)
  • Andión, Fonfría e Pozo dos Castros (Silva)
  • Igrexa (Suegos)
  • As Croas (Torneiros)
  • Valonga (xunto a igrexa parroquial-Valonga).
Tense constancia de mámoas nos seguintes lugares:
  • Devesa e Rega da Xesteira (Arcos de Frades)
  • Medorra da Capela e Veiga (Carazo)
  • Ferreiros (San Martiño de Ferrreiros)
  • O Caxigo e Medorra da Raíña (O Caxigo-Fraialde)
  • Campo das Medorras (O Pacio-Gondel)
  • Hermunde (Hermunde)
  • Campo das Medorras e Grandas de Mosteiro (Mosteiro)
  • Pedro Canto (Monte de Pereiro-San Martiño de Lúa)
  • Acebreira e Campolongo (San Martiño de Lúa)
  • Chafarica (San Martiño de Ferreiros)
  • Fonfría e Cruz de Ventín (Silva)
  • Cadoira e O Real (Torneiros)
  • Balindos (A Poula-Valonga)
  • Campo das Medorras e Pedralba (Valonga)
  • Alto de Campeliños

Por Pol pasou unha vía romana que procedía de Astúrica Augusta e se bifurcaba en Valonga cara a Ribadeo e Viveiro. No Museo Provincial de Lugo consérvase unha ara votiva dedicada aos deuses viais. Outros restos romanos son o mosaico da Vila romana de Doncide, en Silva, e a tessera dos zoelas, inscrición na que se recolle un pacto de amizade entre os triadivos e os desoncos, realizado en presenza no maxistrado Abieno, no ano 27 a.C..

Da Idade Media fican sepulturas antropomórficas en Lúa e sartegos en Hermunde. Sábese da existencia de mosteiros en Arcos, Mosteiro e Silva (este último estaba baixo a protección do papa Hadrián IV en 1156). Cando o Císter se instalou en Meira, estes mosteiros desapareceron.

O documento máis antigo que se conserva referido a este concello é de 1222, o testamento dun soldado chamado Froila García, que deixa as súas terras de Pol ao bispado de Lugo. No mesmo século XIII o rei Afonso X o Sabio concedeu unha carta póboa aos habitantes de Luaces, que se asentaron en Valonga. As terras de Luaces, que pertenceran á casa de Lemos, pasaron en 1514 aos Altamira, ao compralas Álvaro Osorio de Moscoso para o seu sobriño, o IV Conde de Altamira.

No século XVIII os Losada eran señores en Pol, que se dividía daquela nas xurisdicións de Luaces (conde de Altamira), Lea (conde de Graxal) e Meira (señorío do Real Colexio de Meira)[2]. Coa creación dos primeiros concellos créanse dous, Luaces e Lea, pero en 1835 créase o actual de Pol, co mesmo territorio a excepción de Lúa.

Galería de imaxes[editar | editar a fonte]

Artigo principal: Galería de imaxes de Pol.

Lugares de Pol[editar | editar a fonte]

Para unha lista completa de todos os lugares do concello de Pol vexa: Lugares de Pol.

Parroquias[editar | editar a fonte]

Galicia | Provincia de Lugo | Parroquias de Pol

Arcos de Frades (Santiago) | Caraño (San Martiño) | Carazo (San Pedro) | Cirio (Santa María) | Ferreiros (Santo André) | Fraialde (Santa María) | Gondel (San Cosme) | Hermunde (San Pedro) | Lea (San Bartolomeu) | Luaces (Santa María) | Milleirós (Santiago) | Mosteiro (San Salvador) | Pol (Santo Estevo) | San Martín de Lúa (San Martín) | San Martiño de Ferreiros (San Martiño) | Silva (Santiago) | Suegos (Santa Eulalia) | Torneiros (San Lourenzo) | Valonga (Santa María)

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]


Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre concellos de Galicia é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.