Pobo charrúa

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Pobo charrúa
Debuxo dun guerreiro charrúa de Jean-Baptiste Debret en 1823.
Poboación
Poboación total:
c  50 000
Rexións principais:
Uruguai32 863 (1% da poboación segundo o último censo) (2011)[1]
Arxentina14 649 (2010)[2]
Brasil42 (2014)[3]
Aspectos culturais
LinguaLinguas charrúas
RelixiónAnimismo
Grupos
relacionados
Chaná e guaranís

O pobo charrúa é un pobo indíxena de América do Sur que habita no actual Uruguai[4] e nas áreas adxacentes da Arxentina (Entre Ríos) e o Brasil (Río Grande do Sur).[5][6] Era un pobo seminómade que se sustentaba principalmente coa caza e a recolección. Dado que os recursos non eran permanentes en todas as rexións, estaban constantemente en movemento.[7] A choiva, a seca e outros factores ambientais determinaban os seus movementos. Por este motivo adoitan clasificarse como nómades estacionais.[7]

Mapa dos territorios ocupados por algúns grupos indíxenas do Río da Prata ao momento da chegada dos conquistadores españois.

O pobo charrúa foi masacrado nunha campaña en 1831 polas forzas coloniais no Uruguai coñecida como masacre de Salsipuedes. Aínda que foron, en gran parte, borradas das historias modernas, algunhas comunidades de charrúas sobreviviron fóra do Uruguai na Arxentina e o Brasil. Crese que hai aproximadamente entre 160.000 e 300.000 individuos no Uruguai, a Arxentina e o Brasil hoxe en día que son descendentes dos charrúas sobrevivientes.[8] Os descendentes contemporáneos dos charrúas crearon organizacións e defenden a memoria dos pobos indíxenas.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Pablo Albarenga (2017-10-24). "Un país sin indios". El País. 
  2. "Censo Nacional de Población, Hogares y Viviendas 2010" (PDF) (en castelán). 2010. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 9 de abril de 2016. Consultado o 23 de maio de 2017. 
  3. "Quadro Geral dos Povos - Povos Indígenas no Brasil". pib.socioambiental.org (en portugués). Consultado o 2018-11-26. 
  4. Renzo Pi Hugarte. "Aboriginal blood in Uruguay" (en castelán). Raíces Uruguay. Consultado o 2 de febreiro de 2015. 
  5. Burford 2011, p. 16.
  6. Alayón, Wilfredo (28 de marzo de 2011). "Uruguay and the memory of the Charrúa tribe". The Prisma. Arquivado dende o orixinal o 14 de maio de 2012. Consultado o 20 de decembro de 2011. 
  7. 7,0 7,1 Acosta y Lara, Eduardo, F. El Pais Charrua. Fundacion BankBoston, 2002.
  8. Alayón, Wilfredo (28 de marzo de 2011). "Uruguay and the memory of the Charrúa tribe". The Prisma. Consultado o 20 de decembro de 2011.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]