Pissed Jeans

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Pissed Jeans
OrixeAllentown, Pensilvania,
Período2004 - presente
Xénero(s)hardcore punk, noise rock, post-hardcore
Selo(s) discográfico(s)Sub Pop, Parts Unknown
MembrosBradley Fry
Randy Huth
Matt Korvette
Sean McGuinness
Antigos membrosDave Rosenstraus
Tim Wynarczuk
Na rede
http://www.whitedenim.com/pissedjeans/
Facebook: pissedjeans Twitter: ThePissedJeans MySpace: pissedjeansband Bandcamp: pissedjeans Spotify: 6FTONkEJQsCSpoDHqaAP1V iTunes: 157792759 Last fm: Pissed+Jeans Musicbrainz: 21762977-5d60-4fdb-a197-9347df3e6b17 Songkick: 436743 Discogs: 416529 Allmusic: mn0001951243 Deezer: 66261 Editar o valor em Wikidata

Pissed Jeans é unha banda estadounidense de hardcore punk procedente de Allentown, Pensilvania. Os seus membros afirman tocar "punk rock alto, pesado e ruidoso"[1] e están influenciados polas bandas de hardcore e post-hardcore dos anos 80.[2] A banda publicou varios sinxelos de 7", tres EPs e seis álbums e a día de hoxe ten un contrato con Sub Pop Records.

Historia[editar | editar a fonte]

Todos os membros da banda asistiron ao Nazareth High School e inicialmente planearon usar o nome Unrequited Hard-On antes de decidirse por Pissed Jeans.[2] Como explicou Matt Korvette,

A idea era iniciar un tipo distinto de banda de punk centrada en ansias carnais mortais, drepresión sexual... ese tipo de cousas. Principalmente só queríamos golpear ao oínte con música drone aburrida e monótona que só te saca a enerxía, o equivalente musical a ver a cisterna dun baño.[2]

Pissed Jeans publicou a súa estrea, Shallow, en 2005 a través do selo Parts Unknown Records. Seguíronlle Hope for Men (2007), King of Jeans (2009) e Honeys (2013), todos editados a través de Sub Pop Records. King of Jeans e Honeys foron producidos por Alex Newport.[3]

The New York Times recoñeceu á banda por "traer de volta memorias dos 80 de noise duro e desaliñado, cando as bandas de punk decatáronse de que podían ralentizar a música e permitir que se desmoronase un pouco"; porén, o artigo tamén observou a reacción "agresiva e noxenta" dos asistentes a un concerto en 2008, que evidentemente non estaban preparados para o son de Pissed Jeans: os asistentes ao concerto "comezaron a amontonarse defensivamente nos laterais", coas "columnas de altofalantes en cada lado da banda... sendo usados como algo para aguantar. Os hipsters promedio comezaron a parecerse aos mariñeiros agarrados a un mastro nunha tempestade".[4]

O seu álbum Honeys foi editado en febreiro de 2013. Allmusic destacou que "Afortunadamente, cando o mundo fai que te sintas atrapado, Pissed Jeans está aí para axudarte a enfadarte un pouco mentres atopas algunha perspectiva".[5]

En febreiro de 2017 Pissed Jeans publicou o seu quinto álbum de estudio, Why Love Now, coproducido entre a banda, o músico de metal Arthur Rizk e a artista no wave Lydia Lunch.

Ata maio de 2023 a banda non publicaría novo material, aparecendo o día 19 dese mes o sinxelo “No Convenient Apocalypse", publicado por Sub Pop Records. O tema aparecera anteriormente na banda sonora do videoxogo Cyberpunk 2077.[6]

O día 8 de xaneiro de 2024 o grupo anunciou do seu sexto álbum de estudio, Half Divorced, e ese mesmo día lanzou o seu sinxelo principal, “Moving On”.[7] O disco lanzouse o 1 de marzo a través de Sub Pop Records.[8]

Discografía[editar | editar a fonte]

Álbums de estudio[editar | editar a fonte]

Álbum Ano Selo
Shallow 2005 Parts Unknown
Hope for Men 2007 Sub Pop Records
King of Jeans 2009 Sub Pop Records
Honeys 2013 Sub Pop Records
Why Love Now 2017 Sub Pop Records
Half Divorced 2024 Sub Pop Records

EPs[editar | editar a fonte]

Álbum Ano Selo
Throbbing Organ/Night Minutes 2004 Parts Unknown
Don't Need Smoke to Make Myself Disappear/Love Clown 2006 Sub Pop Records
Sam Kinison Woman/The L Word 2010 Sub Pop Records

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Lords of Metal (ed.). "Pissed Jeans". Arquivado dende o orixinal o 07 de novembro de 2017. Consultado o 6 de xaneiro de 2018. 
  2. 2,0 2,1 2,2 Blastitude (ed.). "Pissed Jeans". Consultado o 6 de xaneiro de 2018. 
  3. Records, Sub Pop. "Pissed Jeans". Sub Pop Records (en inglés). Consultado o 2019-03-14. 
  4. Ratliff, Ben (2008-02-18). "Music - Review". The New York Times (en inglés). ISSN 0362-4331. Consultado o 2019-03-17. 
  5. "Honeys - Pissed Jeans | Songs, Reviews, Credits". AllMusic (en inglés). Consultado o 2019-03-15. 
  6. "Pissed Jeans Will Release “No Convenient Apocalypse" on 7” Vinyl May 19th, 2023 Worldwide From Sub Pop". Sub Pop Records (en inglés). Consultado o 2023-10-28. 
  7. Nast, Condé (2024-01-08). "Pissed Jeans Announce New Album Half Divorced, Share Video for New Song". Pitchfork (en inglés). Consultado o 2024-03-02. 
  8. "Half Divorced, by Pissed Jeans". Pissed Jeans (en inglés). Consultado o 2024-03-02.