Pietro Cavallini
Biografía | |
---|---|
Nacemento | c. 1240 (Gregoriano) Roma |
Morte | c. 1330 (Gregoriano) (89/90 anos) Roma |
Actividade | |
Campo de traballo | Pintura |
Ocupación | pintor , mosaicist (en) |
Movemento | Q3578338 |
Profesores | Giotto di Bondone |
Pietro Cavallini, nado en 1259 e finado en 1330, foi un pintor e un mosaísta italiano da escola romana prerrenacentista do Trecento italiano.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
O descubrimento dos seus frescos en Roma no 1900, permitiu a revisión da tese de Giorgio Vasari, que situaba a orixe da pintura italiana exclusivemente en Florencia.
As súas obras infuenciaron en Giotto di Bondone, despois da viaxe que este realizara a Roma, dando volta igualmente a afirmación inversa do mesmo Vasari.
En 1278, os pintores Cimabue, Pietro Cavallini e Filippo Rusuti, foron chamados desde Asís, para que decorasen a basílica de san Francisco, e influíron no mozo Giotto que se forma ao seu contacto.
Obras[editar | editar a fonte]
- Vida da Virxe en Santa María de Transtevere, Rome (ca. 1291), mosaicos.
- Xuízo Final en Santa Cecilia do Transtevere, Roma (1293) .
- Frescos de Santa Maria di Donna Regina, Nápoles (1310-1320).
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Pietro Cavallini |