Pena Veidosa
Coordenadas: 42°31′43″N 7°55′49″O / 42.528600, -7.930300
Pena Veidosa | |||
---|---|---|---|
Marco Legal | |||
Figura de Protección: | ZEC | ||
Ano de constitución: | Decembro de 2004 | ||
Superficie: | 2321.07 ha. | ||
Lexislación: | LIC o 29 de decembro de 2004, ZEC o 31 de marzo de 2014.[1][2][3] | ||
Datos de interese | |||
País: | Galicia | ||
Provincias: | Lugo, Ourense | ||
Concellos: | Carballedo, San Cristovo de Cea | ||
Ríos: | río Asma, río Búbal, río Oseira, | ||
Picos | Pena Veidosa, Pena Ventosa, Serra de Martiñá | ||
Direccións de interese: | |||
Teléfonos: |
Pena Veidosa é un espazo natural galego catalogado como zona especial de conservación (ZEC) que inclúe cumes como o da pena Veidosa e bosques de montaña arredor do nacemento do río Arenteiro. Esta área de conservación ocupa 2.321 ha. dos concellos lucenses e ourensás de Carballedo e San Cristovo de Cea.[1][2][3][4][5]
Fauna e flora[editar | editar a fonte]
Flora[editar | editar a fonte]
Nos penedos do espazo están presentes rochedos con vexetación casmofítica e pioneira. Dominan ademais os queirogais e prados pobres de sega ou estepas de gramíneas. As ribeiras do espazo fórmana os abeneiros (Alnus glutinosa) e freixos (Fraxinus excelsior). As carballeiras da pena Veidosa fórmanas os carballos comúns (Quercus robur) e cerquiños (Quercus pyrenaica).[4][5]
Fauna[editar | editar a fonte]
Neste espazo existen poboacións das especies en risco de Geomalacus maculosus e Lucanus cervus. Conta tamén con nove especies de aves con algún interese de conservación.[4][5]
As especies de fauna catalogadas como especies silvestres en réxime de protección especial ou presentes no catalogo galego de especies ameazadas son:[4]
Grupo | Especie |
---|---|
Invertebrados | Geomalacus maculosus |
Invertebrados | Lucanus cervus |
Peixes | Chondrostoma polylepis |
Anfibios | Chioglossa lusitanica |
Anfibios | Discoglossus galganoi |
Réptiles | Lacerta schreiberi |
Mamíferos | Barbastella barbastellus |
Mamíferos | Myotis myotis |
Mamíferos | Rhinolophus ferrumequinum |
Mamíferos | Rhinolophus hipposideros |
Lexislación[editar | editar a fonte]
A Pena Veidosa foi declarada como lugar de importancia comunitaria (LIC) en decembro de 2004 e ascendeu a zona especial de conservación (ZEC) en marzo de 2014.[4][5]
Galería de imaxes[editar | editar a fonte]
-
Salto dun regato que aflúe río Oseira.
-
Río Oseira ao seu paso polo mosteiro de Oseira, e o cal está en parte dentro do espazo natural.
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ 1,0 1,1 BOE - Goberno de España, eds. (29/12/2004). "Decisión de la Comisión, de 7 de diciembre de 2004, por la que se aprueba, de conformidad con la Directiva 92/43/CEE del Consejo, la lista de lugares de importancia comunitaria de la región biogeográfica atlántica [notificada con el número C(2004) 4032].". Diario Oficial de la Unión Europea: L 387/1–96.
- ↑ 2,0 2,1 Consellería de medio ambiente (Luns, 31 de marzo de 2014). DOG - Xunta de Galicia, eds. "DECRETO 37/2014, do 27 de marzo, polo que se declaran zonas especiais de conservación os lugares de importancia comunitaria de Galicia e se aproba o Plan director da Rede Natura 2000 de Galicia." (62): 13.427.
- ↑ 3,0 3,1 Consellería de medio ambiente (Luns, 12 de abril de 2004). DOG - Xunta de Galicia, eds. "DECRETO 72/2004, do 2 de abril, polo que se declaran determinados Espazos como Zonas de Especial Protección dos Valores Naturais." (69): 5.046.
- ↑ 4,0 4,1 4,2 4,3 4,4 Consellaría de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, Xunta de Galicia (eds.). "ZEC ES1130004 Pena Veidosa". Consultado o 10/9/2019.
- ↑ 5,0 5,1 5,2 5,3 Axencia Ambiental Europea - Unión Europea (eds.). "NATURA 2000 - Standard Data Form: ES1130004 - Pena Veidosa". Consultado o 10/9/2019.