Pedro Castro
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1975 (48/49 anos) Santiago de Compostela, España |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Actividade | |
Ocupación | director de cinema |
Lingua | Lingua castelá |
Pedro Castro, nado o 23 de xaneiro de 1975 en Santiago de Compostela, é un cineasta galego especializado en vídeos musicais.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Aos dezaseis anos marchou estudar o bacharelato a Nova Orleáns, e continuou nos Estados Unidos ao licenciarse en Historia da Arte nos Ánxeles.
Na industria do cine comezou como operador de cámara en Last Days, o filme de Steven Spielberg. Posteriormente comezou a traballar na industria dos videoclips musicais, producindo e dirixindo vídeos para artistas fundamentalmente da música latina nos Estados Unidos, como Chayanne, Julio Iglesias, John Secada, Carlos Baute ou Keith Urban.
Vida persoal[editar | editar a fonte]
Ten dous fillos do seu primeiro matrimonio. En 2013 casou coa cantante española Raquel del Rosario, vocalista de El sueño de Morfeo.