Pedro Casariego

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaPedro Casariego
Biografía
Nacemento1955 Editar o valor em Wikidata
Madrid, España Editar o valor em Wikidata
Morte8 de xaneiro de 1993 Editar o valor em Wikidata (37/38 anos)
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónpoeta Editar o valor em Wikidata
Xénero artísticoPoesía Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata

Pedro Casariego Córdoba, tamén coñecido como Pe Cas Cor, (Madrid, 1955 - 1993) foi un escritor español, poeta e pintor, irmán do escritor e guionista Martín Casariego e do tamén escritor Nicolás Casariego

Biografía[editar | editar a fonte]

Poeta e máis tarde tamén pintor, dedicouse á literatura entre 1974 e 1986, data a partir da cal a substituíu polos debuxos, algúns acompañados por textos, como os que dan corpo a A vida pode ser unha lata (1988).

En 1989 contraeu matrimonio con Ana Ruiz de la Prada, e desde entón estivo creando a súa obra pictórica, que chegou a superar o centenar de lenzos.

O 6 de xaneiro de 1993, concibido como agasallo á súa filla Julieta, terminou Pernambuco, el elefante blanco, conto ilustrado co que deu por finalizada a súa obra gráfica e escrita. Dous días despois morreu, «mordido por un tren famento», ao arroxarse ao paso do tren na estación de Aravaca.

Sobre o seu propio traballo dixo:

A miña forma de escribir é a imitación do torrente. Consiste simplemente en abrir unha billa e deixar que manen desa billa todos os líquidos e todos os cantos químicos posibles, tratando de facer provisión de imaxes, roubando palabras aos xornais, expresións ás xentes, términos aos dicionarios.

O pai do poeta, Pedro Casariego H. Vaquero, no epílogo de Poemas Encadenados di: "Eu tiven un fillo raro. As súas virtudes poderosas, honestidade, estoicismo, austeridade, clarividencia, servíronnos de exemplo e marcaron a lume á familia, que se fixo mellor".

Angel González comenta no prólogo dese mesmo libro recompilatorio: "é un artista intrigante e misterioso... sen par na literatura española do seu tempo. Un autor que no seu afán secreto non puido evitar que dunha obra literaria tan insólita como complexa, emanara limpamente a certeza do que realmente e dolorosamente foi: ante todo un poeta, un espléndido poeta".

Obra[editar | editar a fonte]

A obra literaria de Pedro compóñena seis libros formados por poemas que se encadean argumentalmente, de tal modo que constitúen unha narración, un elevado número de poemas soltos, unha serie de poemas ilustrados e algúns textos en prosa.

Os seis libros de "poemas encadenados" son:

  • La canción de Van Horne (escrito en 1977; publicado por Ediciones Tansonville, 2004)
  • El hidroavión de K. (1978; Ave del Paraíso, 1994)
  • La risa de Dios (1978; revista "El Paseante", 1985; Edicións Tansonville, 2006)
  • Maquillaje. Letanía de pómulos y pánicos (1979; Editora Nacional, 1983; Ediciones Tansonville, 2008)
  • La voz de Mallick (1981; Deputación Provincial de Huelva, 1989)
  • Dra (1986; CODA, 1993).

Poemas ilustrados ou debuxos asociados a textos pódense atopar en:

  • La vida puede ser una lata (1986-87; Zigzag, 1988; Árdora Ediciones, 1994, completado cunha serie de textos inspirados en Pedro, baixo o título de Falsearé la leyenda),
  • Revista "Pliegos de la Ínsula Barataria", nº2, 1995,
  • Cuadernos amarillo, rojo, verde y azul (Árdora Exprés, 1998).

Escolma de textos en prosa:

  • Verdades a medias (Espasa Calpe, 1999).

A obra de Pedro Casariego influíu moito a dalgúns letristas e cantantes, por exemplo a de Enrique Bunbury.

Familia de escritores[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Sanz Pastor, Marta, 50 poetas hacia el nuevo siglo; Antología de la poesía española (1966-2000), Clásicos Biblioteca Nueva, Madrid, 2007; pp. 510–519. ISBN 978-84-9742-567-4
  • Provencio, Pedro, Buenas noticias para el lector de poesía, Editorial Dossoles/Crítica; Burgos, 2005; pp. 175–179. ISBN 978-84-87528-99-6

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]