Pazo de Trasfontao

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Pazo de Trasfontao
Coordenadas42°41′15″N 8°13′59″O / 42.687583333333, -8.2330833333333Coordenadas: 42°41′15″N 8°13′59″O / 42.687583333333, -8.2330833333333
Estilo arquitectónico
editar datos en Wikidata ]

O pazo de Trasfontao é unha construción señorial situada no lugar de Trasfontao, na parroquia de Silleda, no concello do mesmo nome. De estilo barroco, os edificios que o conforman datan do século XVIII.

Situado a carón da Vía da Prata, está rodeado por un muro dun par de metros de alto. Dentro do recinto, destacan, ademais do propio pazo, o pombal, así como a capela, situada ao pé da Vía. Alberga distintos escudos de armas de liñaxes como a dos Montenegro, Mosquera ou Oxea. Nas proximidades sitúase unha carballeira con exemplares centenarios.

En 2012 puxéronse en marcha as obras de rehabilitación da construción, valoradas en 1,3 millóns de euros[1].

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]